As produtoras galegas presentarán en Cannes 33 proxectos

A cita que comeza hoxe é unha das imprescindibles do mercado da televisión

30/3/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Hoxe comeza en Cannes unha nova edición do MIPTV, o mercado da televisión que amosará as tendencias dos produtos que veremos na pequena pantallas nos vindeiros meses. Unha cita á que o Clúster do Audiovisual Galego acode por primeira vez con caseta propia, e na que presentará 33 proxectos, entre series de ficción, animación, documentais, formatos de entretemento e catálogos. Pero non todas van vender e buscar contactos, Televisión de Galicia e Voz Audiovisual asisten a este estratéxico mercado para comprar novos formatos televisivos.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cannes, Documentais, Animación, Voz Audiovisual...