Despois de varios anos asistindo a Cannes na caseta de ICEX-FAPAE, o Clúster Audiovisual Galego vai este ano con espazo propio. Unha forma de darlle máis visibilidade ás 15 empresas galegas que se desprazará ata a localidade francesa para asistir a un dos mercados máis importantes de televisión. A cita terá lugar do 30 de marzo ao 3 de abril e agárdase unha participación de 12.000 profesionais. Nas dez edicións que o sector audiovisual galego leva asistindo ao mercado, conseguÃronse financiar 123 filmes que xeraron un volume de negocio de 800 millóns de euros.