Ir ao contido directamente.


Reportaxes

A música para Galicia

Xénero: Clásica/Lírica | 3 / 7 / 2003

As batutas xa comezaron a moverse dentro do Festival Internacional de Música de Galicia. A quinta edición ten a Santiago como sede principal, albergando os mellores dos 22 espectáculos que hai programados e que tamén levarán a música ás principais cidades de Galicia. Esta noite terá lugar no auditorio de Galicia o primeiro punto forte da programación. O director Daniel Barenboim dirixirá á Staatskapelle de Berlín en favor dos afectados polo Prestige e amosando a súa traxectoria, que o fixo merecedor do premio Príncipe de Asturias.

A propósito de Mozart

Xénero: Clásica/Lírica | 20 / 5 / 2003

Mozart e a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG). A OSG e Mozart. O Festival Mozart arrincou esta fin de semana recuperando a ópera do mallorquino Antonio Literes, “Jupiter e Semele”, coa que amosa que o certame xa non só se centra na figura do compositor salzsburgués, senón tamén na de compositores e músicos que dalgún xeito tiveron relación con el ou simplemente foron influídos pola súa música.

Tocando nos flancos da música tradicional

Xénero: Antiga | 14 / 4 / 2003

As cantigas medievais galegoportuguesas. Pegadas hebraicas na nosa música popular. O papel das mulleres na música tradicional galega. A colección de discos sobre España recompilados por Alan Lomax. A construcción dunha identidade colectiva a partir da música. Todos estes temas, e uns cantos máis, teñen un factor común. Trátase de Judith Cohen, unha etnomusicóloga canadense que nos últimos trinta anos analizou aspectos moi pouco coñecidos da nosa tradición melódica.

Oitenta e cinco anos de toxos reais

Xénero: Coral | 24 / 2 / 2003

A comezos do século XX Ferrol vía nacer o Coro Toxos e Froles, unha formación que recollía e actualizaba pezas da nosa tradición musical. A día de hoxe o colectivo mantense asentado coma unha institución na cidade, e afronta o século XXI cun ímpeto anovado que inclúe a inauguración dunha nova sede e a recompilación da súa historia. Mentres, continúa as súas actividades de formación e de difusión da nosa música tradicional.

Preocúpate só de tocar

Xénero: Folk | 3 / 2 / 2003

A vida dos grupos musicais que comezan é difícil. Ó esforzo artístico que supón crear música súmanse os problemas materiais: Conseguir un local de ensaio, xestionar concertos, gravar e, aínda despois distribuír e promover o material. Vendo a complexidade do panorama naceu Falcatruada, unha empresa que ten no deseño, xestión e asesoramento dos grupos novato o seu campo de traballo.

Música doutra raíz

Xénero: Alternativa | 23 / 1 / 2003

A música tradicional galega non se reduce ás formas que se conservan invariables desde hai séculos. Ó longo do tempo no noso país foron entrando ritmos e instrumentos novos, que se adaptaron á nosa realidade. O grupo Marful, con Uxía Pedreira á cabeza, recupera agora os sons das vilas galegas dos anos trinta e corenta e actualízaos nun cóctel que dá moita importancia ás letras e á voz. É música dunha raíz diferente.

Música Sinsal

Xénero: Alternativa | 16 / 1 / 2003

Hai quen pensa que o panorama musical en Galicia é folk, e o que non é folk é música tradicional pero equivócanse. Desde Vigo chegan ondas de tendencias techno, house, electro, drum and bass, dub, pop dixital, avant rock xunto con algo de ruidismo, música experimental e arte sonora. Todo un mundo novo, por descubrir que leva a etiqueta “Sinsalaudio”. Descóbreos.

Cen anos de música

Xénero: Clásica/Lírica | 26 / 12 / 2002

Naceron antes de que afundira o Titanic, de que se declarasen a primeira e a segunda guerra mundial, e por suposto, viviron unha guerra, a dictadura, unha república e a democracia. E sempre poñéndolle musica. Son a Unión Musical de Valladares que este ano cumpren un centenario ó servicio da música.

Ugia Pedreira, voz e cerebro do folk

Xénero: Folk | 1 / 6 / 2001

Ugía Pedreira está a consolidarse coma unha referencia indiscutible na música folk e tradicional galega. Tanto desde os escenarios, onde co grupo Chouteira revolucionou o xeito de tocar folc, coma desde a dirección do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, que vai polo seu segundo ano de andaina. Desde este conservatorio colaborou na organización do I Congreso de Antropoloxía Musical que se celebrou na capital do Deza. Considerada como unha das mellores vocalistas do panorama galego, demostra nesta entrevista que ademais de voz posúe unha grande capacidade de análise sobre a situación da música tradicional e explícanos como se desenvolveu o congreso.

Tocando na música tradicional

Xénero: Folk | 18 / 5 / 2001

Se hai moitos xeitos de tocar música, en Lalín tócase dunha maneira moi peculiar esta fin de semana. O encontro de antropoloxía musical organizado polo Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, comprende conferencias, coloquios, exposicións e, por suposto, concertos.

<< Inicio / Anterior . 61 a 70 de 70 .

BUSCADOR