Reportaxes
Dez anos moendo a moa
Xénero:
| 8 / 1 / 2004Comezaron como tantos outros grupos: no instituto, nos recreos e faltando a algunha clase para poder tocar ás agochadas ou non tanto. Carlos Zaera e Óscar Fernández, collían o acordeón e a gaita e soñaban musicalmente, non cos ditames da música pop e rock que invadían os institutos, senón co patrimonio musical da terra, como facía daquelas Milladoiro ou Fuxan os ventos. Dez anos despois, Carlos xa non está aquí para ver que o pé que avanzou con aquel soño de estudante deu lugar aos "Os Cempés" que acaban de presentar o seu cuarto disco "Moe a moa".
Cantar en Nadal
Xénero:
| 23 / 12 / 2003Na liturxia, nas escenificacións e na rúa todos os anos desde o 24 de decembro até o día de reis cántanse vilancicos e panxoliñas. Non son exactamente a mesma cousa xa que o vilancico ten unha orixe litúrxica e a panxoliña é máis oral. Desde o seu emprego en Mondoñedo no século XVIII foron introducindo no mundo relixioso cantares que recollían características do contorno galego precisamente nunha etapa escura e difícil. Son vilancicos de galego e en galego.
The other músicos
Xénero:
| 16 / 10 / 2003“The past to come”, “Pocket Monsters”, “If things were to go wrong”, “Things I Wanted”. “Arguments”... son, aínda que non o pareza, os títulos dos últimos traballos de músicos galegos. É música alternativa, independente. Cada grupo, por motivos diferentes, optou por expresarse musicalmente noutro idioma (maioritariamente en inglés). Pero non por iso eles deixan de considerarse cultura galega.
Dous corpus de música
Xénero:
| 1 / 10 / 2003Son dúas iniciativas de orixe ben diferente pero que traballan nun mesmo campo: a recompilación da música culta galega. Por unha banda está Arte Tripharia, unha editorial madrileña pero con raigame fondamente galega que leva traballando nesta dirección desde hai 20 anos. E pola outra banda está a colección Ars Gallaeciae Musicae, unha serie que desde 1992 chega da man do IGAEM e está coordinada por Xoám Trillo.
A nave folk
Xénero:
| 24 / 9 / 2003No centro xeográfico de Galicia, en Lalín, existe un lugar único no que se concentra a investigación, o ensino e a práctica da nosa tradición musical. Desde 1999, o Conservatorio de Música Tradicional e Folque aplica as técnicas do ensino regrado á transmisión do noso legado sonoro e busca, xa non só o mantemento da tradición, senón a evolución da música de raíz galega.
Outono con ópera
Xénero:
| 11 / 9 / 2003Con cincuenta anos ás súas costas, o Festival de Ópera da Coruña inicia mañá a temporada musical do outono. Será a obra de Verdi, Rigoletto, a que se encargue de iniciar un festival que chega con dúas novidades con respecto á edición do ano pasado: a Asociación de Amigos da Ópera volve asumir a dirección dun evento que non contará coa Orquestra Sinfónica de Galicia.
Corenta e seis anos a tocar e a aprender
Xénero:
| 21 / 8 / 2003Cento dez alumnos de once países diferentes. Todos eles cuns currículos musicais do melloriño andan desde o pasado once de agosto polas rúas de Compostela. Todos eles coa intención de aprender música española. E de amosarnos o que saben. Concertos do máis variado enchen diferentes espacios da cidade e mesmo se desprazan a outras localidades. É a XLVI edición do curso Música en Compostela.
Un novo son para as pedras
Xénero:
| 13 / 8 / 2003Rock, música clásica, folclore das máis diversas rexións do mundo, pop... A oferta musical que se pode atopar calquera verán en Compostela adoita ser variada. Sen embargo, sempre quedan ocos por encher, e é con esta vocación coa que nace este ano o I Festival de Jazz de Compostela, que fará resoar as pedras da Quíntana con novos sons.
Pardiñas: Resistencia en música
Xénero:
| 5 / 8 / 2003Os días dous e tres de agosto do 2003 o Festival de Pardiñas cumpría vintecatro edicións. Sen conseguir nunca asistencias masivas e sen contar cuns carteis inzados de estrelas internacionais (que tamén as houbo), a Asociación Xermolos de Guitiriz conseguiu, non sen dificultades, crear un espacio para o encontro de músicos, afeccionados e artesáns de todo o país.
Arte Tripharia
Xénero:
| 28 / 7 / 2003O termo “tripharia” refírese á división dos instrumentos de música. E non aos instrumentos pero si ás composicións dedícase “Arte Tripharia”, unha editorial de música antiga que fundou hai máis de vinte anos o tudense afincado en Madrid Rudesindo Soutelo. Entre todas as frontes en que ten traballado destaca a serie Corpus Musicum Gallaeciae, que é un traballo de recuperación da música culta galega.
<< Inicio / Anterior . 51 a 60 de 70 . Seguinte \ Fin >>