Noticias
Ponse en marcha a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra
Xénero:
| 6 / 6 / 200743 músicos integran a nova Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Segundo o coordinador da proposta, Luís Costa, o 90% dos integrantes son de procedencia galega. A orquestra, segundo Costa, aspira a “integrarse na vida social da cidade e converterse nun referente no panorama simbólico de Galicia”. Trátase dun proxecto financiado pola Deputación de Pontevedra, o Concello e a Xunta de Galicia coa colaboración do Conservatorio de Música de Pontevedra. A Orquestra estará dirixida por Javier Viceiro-Filgueira e dará tres concertos de presentación nestes días. O inaugural será hoxe, mércores, ás 21 h. no Pazo da Cultura de Pontevedra. O sábado 9 será o seguinte, no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Vigo e no Auditorio de Galicia o vindeiro día 12.
Máis información en Galicia Hoxe
Preséntase o disco no que trinta grupos fan versións de temas de Andrés do Barro
Xénero: VIDEO + AUDIO
| 4 / 6 / 2007 +Son tempos de Do Barro. Se onte mesmo a Televisión Galega emitía a gala de homenaxe a Andrés do Barro, mañá chega ás tendas "Manifesto Dobarrista", un CD editado por Falcatruada. Baixo este título unha trintena de grupos galegos presentan cadansúa versión dun éxito deste pioneiro do pop en galego. Entre os participantes neste disco, grupos coma The Homen, Narf, Niño y Pistola Fanny + Alexander ou Projecto Mourente. De xeito paralelo, está xa na rede o web dobarrismo.com, que quer ser un punto de encontro para os admiradores deste artista.
Máis información no web de Falcatruada, en Dobarrismo.com, en Galicia Hoxe; en La Voz de Galicia; trailer do documental O tren que me leva en AVG; o noso tema sobre Do Barro; escoita mostras dalgúns dos temas en Mega
14 promotoras musicais únense para abrir unha canle de diálogo coa Administración
Xénero:
| 1 / 6 / 2007Hoxe presentouse en Santiago de Compostela a AGEM (Asociación Galega de Empresarios Musicais). A asociación, que aínda está en fase de creación, xunta a 14 empresas do sector musical e ten entre os seus obxectivos servir “de interlocutor entre as empresas do sector e as diferentes Administracións” e “crear un panel para intercambiar ideas e experiencias en beneficio do exercicio da profesión da promoción, producción e distribución de concertos musicais”. A asociación está presidida por Lucila Fernández, de Idea Rock e os seus promotores subliñaron que se trata dunha “iniciativa pioneira no sector da música en directo”. Entre os socios atópanse Zouma Records, Nordesía Produccións, Nocturna Producciones e XXL Produccións.
Fía na roca presenta o seu quinto disco co que inicia xira en Alemaña
Xénero: VIDEO + IMAXES + AUDIO
| 1 / 6 / 2007 +“Vente vindo” (Corda Frouxa, 2007) é o nome do novo traballo de Fía Na Roca que o grupo, acompañado polo xornalista da Radio Galega Pepe Carreira, presentaron hoxe no Consello da Cultura Galega. O disco presenta catorce temas nos que a presenza vocal de Sonia Lebedynski adquire un maior protagonismo respecto a anteriores traballos de Fía na roca. A formación presenta tamén algúns cambios coa incorporación de Xabier Olite e Roberto Rama substituíndo a Xabier Bueno e Cris Gándara. Carlos Castro, Giao Rodríguez, Roberto Santamarina e Xosé Ramón Vázquez seguen no grupo. O disco foi gravado en catro días o pasado abril no Estudio SoNNatural, en Angueira de Castro (Rois)e mesturado no Estudio 5 da Radio Galega. O grupo marcha mañá para Alemaña onde iniciará a súa xira en Frankfurt, pasando despois a outras localidades, a Francia e incluíndo tamén Galicia na xira de verán. Xosé Ramón Vázquez salientou a importancia que para a súa proxección tivo a nova axencia que os representa, Abada Xestión Cultural.
Máis información nos nosos arquivos sobre Fía na roca
Quince novos grupos de toda a península optan a abrir o Festival de Ortigueira no escenario Runas
Xénero:
| 1 / 6 / 2007A dirección artística do Festival de Ortigueira ven de facer públicos os nomes dos quince grupos finalistas do Proxecto Runas'07, destinado a dar a coñecer os traballos de novos grupos folk da península ibérica. Os elixidos SeteSaias, Bauma, Neirela, La Conjura, A Compañía do ruído, Ophiusa, A Gramalleira, Crema da gaita, Balakandra, Landú, bOnOvO, La jambre, Boys of the hills, Balbarda e Monte Lunai. Só cinco deles serán escollidos para actuar este ano no festival máis multitudinario do Estado. Un xurado, integrado por críticos musicais, deberá facer agora esa escolla dos grupos que abrirán o Festival a noite do 5 de xullo. Como novidade este ano, os internautas converteranse nun membro máis do xurado, podendo escoitar e votar en liña polos seus grupos preferidos a través do sitio web do festival.
Máis información no Festival de Ortigueira
Comeza o programa de concertos Vai de Camiño organizado polo Xacobeo
Xénero:
| 31 / 5 / 2007Desde o primeiro de xuño e ata finais de setembro case 120 actuacións están programadas nas vilas polas que pasan os oito camiños recoñecidos a Compostela. As localidades de Vilagarcía e Boqueixón acollerán este venres os concertos inaugurais do programa con Berrogüetto e Leilía respectivamente. Haberá concertos nas vilas atravesadas pola Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, a Vía da Prata, o Camiño Inglés, o Camiño Portugués, o Camiño Primitivo, o Camiño Norte, o Camiño de Fisterra-Muxía e no Camiño Francés. Grupos e artistas de todos os estilos como The Homens, Fía Na Roca, Marful, Siniestro Total, Malvela, Uxía, Sete Saias, Xabier Díaz, Samesugas, Narf ou Mercedes Peón tamén tocarán nalgún dos moitos concertos deste percorrido artístico que inclúe tamén actuacións de maxia e pasarúas nestas máis de cen localidades polas que transcorre.
Máis informacíón no Xacobeo
Edicións do Cumio presenta en Vigo o Método de gaita de Xaquín Xesteira
Xénero:
| 31 / 5 / 2007Edicións do Cumio presenta este venres 1 ás 19 horas Auditorio da Escola de Artes e Oficios de Vigo o libro “Método de Gaita Galega I” escrito polo mestre Xesteira e que inclúe un CD. Mestre de gaita e percusión na Universidade Popular de Vigo e membro fundador do grupo Treixadura Gaiteiros, o cambadés Xaquín Xesteira leva desde neno inserido no mundo da música tradicional. Ademais de tocar en varios concertos con Milladoiro na década dos noventa participou en gravacións cos grupos Na Lúa e Fuxan os ventos e tamén e´fundador da Fundación Sondeseu xunto a Anxo Pintos ou Rodrigo Romaní.
O Festival Novas Músicas de Monforte acollerá un seminario para músicos e educadores
Xénero:
| 31 / 5 / 2007O Seminario de Música Moderna e Improvisación vai dirixido persoas que, posuíndo xa algúns coñecementos musicais, desexen achegarse á musica moderan para ampliar os seus coñecementos e recursos. Neste sentido tanto músicos de calquera especialidade como ensinantes poderán sacar partido desta actividade formativa con vistas a aumentar os seus recursos para a interpretación e a improvisación ou para obter recursos pedagóxicos. Inserido na programación do Festival Novas Músicas de Monforte o seminario terá lugar durante os seis días do festival entre o 21 e 26 de agosto. A coordinación do curso corre ao cargo de Miguel Angel Rodríguez e contará coa participación dos profesores Fernando Llorca, Roberto Somoza, Andy Phillips, Carlos Calviño e Charlie Moreno.
Máis información no Festival Novas Músicas
Cinco grupos galegos entre os finalistas do concurso Coca-Cola Nuevos Grupos
Xénero:
| 30 / 5 / 2007De entre os novecentos grupos de todo o estado que enviaron as súas maquetas pola rede para o concurso organizado pola marca de refrescos só corenta e cinco superaron a primeira fase do certame. Agora cinco grupos galegos están entre estes dependendo do resultado das votacións en liña para conseguir o premio, consistente en ser contratados para abrir o concerto en Madrid dun artista internacional o vindeiro 5 de xullo. Os grupos 96 GRADOS, de Santiago; CODA, da Coruña; NUEVE8SEIS, de Pontevedra; IAN, de Lugo e LAP A RUSH, de Ourense conforman esta presenza galega no certame. Un concerto na Sala Capitol de Santiago o 7 de xuño e outro no Playa Club da Coruña o 8 de xuño servirán para coñecer o directo destas bandas. Ata o 25 de xuño pódese apoiar a estes grupos votándolles a través do sitio web do certame.
Máis información en Coca-Cola Música
O novo disco da banda grovense Nadadora xa está nas tendas desde hoxe mesmo
Xénero: VINCULO
| 28 / 5 / 2007 +Hoxe sae á venda o segundo álbum de longa duración do grupo Nadadora. A carreira deste sexteto afincado n´O Grove xa conta con dous discos anteriores, o mini CD "Aventuras dentro de cajas" en 2004 e o álbum "Todo el frío del mundo" en 2005 que conseguiron que este grupo fose collendo un espazo propio na música e aumentando paulatinamente o número de seguidores. O seu novo álbum "Hablaremos del miedo" ten 10 cancións cantadas en castelán e algunha, “Todo o mundo protesta", en galego como xa é habitual nos anteriores traballos. O disco, editado polo mesmo selo dos anteriores, Jabalina Música, foi gravado nos estudios Círculo Polar de O Grove e masterizado por Alan Douche. e incorpora como novidade a introdución de instrumentos de corda e vento, así como arranxos orquestrais.
Máis información en Sono-Tone