Ir ao contido directamente.


Noticias

A Fundación Seoane xunta a arte electrónica e a música nun festival de verán

Xénero: Electrónica | 13 / 6 / 2007

imaxe non dispoñible

Música + arte electrónica= Artec. Esta é a combinación que a Fundación Luís Seoane ten prevista para amenizar as noites dos xoves do verán coruñés. “Un contorno de diálogo onde se dean a man a alta e a baixa cultura” segundo apuntou Juan de la Colina na presentación dun evento que ten a súa orixe nas Block Parties celebradas en 2006.

Máis información en La Voz de Galicia, Galicia Hoxe e no web da Fundación Seoane

Alberto Conde Trío presentan o seu último disco en concerto en Ourense

Xénero: Jazz/Blues | 13 / 6 / 2007

not_10146.jpg

A Praza Maior de Ourense acollerá este sábado durante as Festas do Corpus un concerto do trío formado por Alberto Conde, Baldo Martínez e Nirankar Khalsa no que presentarán o seu último traballo discográfico. En “Andaina” (Karonte Jazz) presentan dez temas dos que seis son de composición propia de Alberto conde e catro son versións como o “Teño saudade”, de Andrés Dobarro, “Time remenbered” de Bill Evans e dous arranxos sobre cancións tradicionais galegas. Igual que na gravación do disco, o directo conta tamén, coa colaboración puntual de tres artistas invitados de recoñecido prestixio, o guitarrista flamenco Cuchús Pimentel, o saxofonista Roberto Somoza e a voz de Maite Dono. Con “Andaina” o Alberto Conde Trío fai unha viaxe de ida e volta entre Galicia e Latinoamérica interpretando o fenómeno da emigración desde o jazz.

Tres ex-Mistakens preséntanse como Combo Dinamo cun novo disco baixo o brazo

Xénero: Indie | 12 / 6 / 2007 + VIDEO + AUDIO + IMAXES

not_10142.jpg

Tras máis de 10 anos actuando como MISTAKENS, Pablo Fidalgo, Pablo Silva e Dani Bembibre decidiron iniciar un novo proxecto co nome Combo Dinamo. "Decencia y buen gusto"(Dojo Records) é o título do seu primeiro disco, gravado nos estudios Bonham da Coruña e que enchen con 13 cancións en castelán. Esta fin de semana presentarán en concerto estes novos temas en dous concertos na Sala Mardi Gras da Coruña, mentres que o disco sairá á venda no mes de xullo, aínda que xa está clasificado nº1 no Top de Redacción da publicación musical especializada Mondo Sonoro, na súa edición Galicia e Castela-León deste mes. A través do seu MySpace a banda sortea entre os seus seguidores dúas invitacións para asistir a estes concertos na Coruña.

Os pontevedreses Heissel chegan á final do concurso de maquetas de Hard Rock Café e Sennheisser

Xénero: Rock | 11 / 6 / 2007

not_10131.jpg

Superando as diferentes fases de selección que deixaron fóra máis de cento corenta grupos musicais a formación pontevedresa Heissel conseguiu chegar á final do “Concurso You Play! de maquetas para Jovenes Artistas” organizado pola cadea de restaurantes Hard Rock Café e empresa alemá de produtos electro-acústicos Sennheiser. Despois de superar unha primeira fase de pre-selección por votacións en liña na que foron elixidos entre os 20 mellores dos 147 que se presentaron de toda España, un xurado de profesionais da industria musical escolleu a súa maqueta para formar parte do grupo de seis semifinalistas. Tras dunha actuación o pasado día 7 no Hard Rock Café de Madrid Heissel foi elixida unanimemente como finalista polo xurado por diante das actuacións dos grupos madrileños Otra Cara e The Moonstones. Será o vindeiro xoves 14 na terraza do restaurante en Madrid onde terá a oportunidade de optar a gañar o concurso fronte aos grupos Versatile, de Barcelona, e Tyr, de Málaga, finalistas escollidos en Barcelona. O gañador recibirá un equipo de microfonía valorado en máis de 2.600 euros e actuará nos festivais Metrorock 2007 e Viñarock 2008.

Máis información no sitio de YouPlay!

Fernando Vázquez prepara un musical que combina todos os estilos musicais practicados no noso país

Xénero: Miscelánea | 11 / 6 / 2007

imaxe non dispoñible

Música sinfónica, popular, melódica e folk. Son os diferentes xéneros que se practican no noso país e a base que conforma o musical “Gallaecia”. Unha proposta do compositor e director de orquestra Fernando Vázquez Arias que ten data de estrea o 15 de agosto en Melide. Alberto Lago, Enrique Rodríguez, Xosé García Serrano e Prudencio Romo, pouco antes de falecer, foron os encargados dos arranxos de músicas de Andrés Do Barro, ou Los Tamara que conforman este orixinal musical.

Máis información na edición de domingo de El Ideal Gallego

O compositor catalán Sebastiá Torrent gaña o premio Andres Gaos da Deputación da Coruña

Xénero: Clásica/Lírica | 8 / 6 / 2007

imaxe non dispoñible

A sétima edición do premio de composición musical Andrés Gaos organizado pola Deputación da Coruña foi parar ao compositor catalán Antoni-Ernest Sebastiá Torrent pola obra “Angelus Novus”. A obra gañadora traza unha relación directa da música coa pintura de Paul Klee. O premio está dotado con 6.500 euros e a obra gañadora será interpretada pola Orquestra Sinfónica de Galicia na temporada 2008-2009, segundo indicou Félixe Palomero, comisario do premio e xerente da OSG. O fallo do xurado tamén incluía unha mención á obra “Tentativi” de Manuel Martínez como finalista.

Máis información en El Ideal Gallego

Blusens chega a un acordo para distribuír na rede o catálogo de Universal Music

Xénero: Miscelánea | 8 / 6 / 2007

imaxe non dispoñible

Dunha banda unha empresa galega que fai reprodutores de música, Blusens, e da outra, unha de creación de contidos, Universal Music. O resultado desta alianza é a posibilidade de que o usuario poida achegarse ás 100.000 cancións do catálogo de Universal e Vale Music de xeito legal e ilimitada cunha boa calidade. Un feito que é posible grazas ao convenio asinado entre ambas entidades e presentado onte pola empresa galega.

Máis información no web de Blue Sens

Os coruñeses Nashgul sacan un disco conxunto cun grupo xaponés nun selo alemán

Xénero: Rock | 8 / 6 / 2007

not_10117.jpg

O seló alemán Power It Up acaba de editarlle á banda coruñesa Nashgul un novo disco, conxuntamente co grupo xaponés World Down Fall. Trátase dun vinilo de sete pulgadas que contén cinco temas dos galegos por un lado e tres dos nipóns polo outro, incluindo unha versión de Denak. Nashgul é un cuarteto cunha intensa actividade discográfica, e xa ten entrado nos circuitos europeos do seu estilo musical, o grindcore. A portada desta nova gravación é obra da debuxante Emma Ríos e o deseño gráfico de Álvaro López, ambos coñecidos autores galegos de banda deseñada.

O disco pódese comprar en liña xa en Power it Up

O programa Alalá da TVG recibirá un galardón da Academia de Televisión

Xénero: Folk | 7 / 6 / 2007

not_10113.jpg

O programa da Televisión de Galicia Alalá, que dirixe Senén Bernárdez e presenta Pilar García Rego, recollerá este sábado en Sevilla o galardón ao mellor programa de Tradición musical outrogado pola Academia das Ciencias e das Artes de Televisión. Alalá naceu como documental musical que se interna nas historias e vidas cotiás da xente que loita para que non se esqueza a sabedoría tradicional. Alalá é un dos programas que a TVG presentou dentro da súa renovación de contidos e supón unha revisión do xeito en que a televisión difunde a tradición musical, encadrando a actuación dun grupo ou artista dentro do seu marco social, laboral ou persoal. A gala de entrega dos premios, que tamén celebra o décimo aniversario da Academia das Ciencias e das Artes de Televisión retransmitirase por todas as canles autonómicas da FORTA.

Máis información na Academia de Televisión
e sobre Alalá na TVG

Reúnense en Bruxelas tres voces galegas femininas de primeira fila no espectáculo “Ida e volta”

Xénero: Folk | 6 / 6 / 2007

imaxe non dispoñible

As cantantes Guadi Galego, Uxía e a belgo-galega Verónica Codesal estarán acompañadas no escenario do Teatro Molière por Didier Laloy (acordeón), Pascal Chardome (guitarra), Cédric Waterschoot (baixo) e Osvaldo Hernandez (percusión). O trío Ad Cominotto abrirá ás 20 horas a velada na que as tres artistas galegas amosarán o son actual da tradición musical galega. O espectáculo "Ida e volta" esta organizado pola Fundación Muziekpublique coa colaboración da Consellaría de Cultura e a Fundación Galicia-Europa. Está previsto que este espectáculo se repita despois en outros lugares.

<< Inicio / Anterior . 3141 a 3150 de 3454 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR