Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O programa Alalá da TVG recibirá un galardón da Academia de Televisión

ALALá BEN ALTO

O programa Alalá da TVG recibirá un galardón da Academia de Televisión

FOLK | xuño 7, 2007

not_10113.jpg

O programa da Televisión de Galicia Alalá, que dirixe Senén Bernárdez e presenta Pilar García Rego, recollerá este sábado en Sevilla o galardón ao mellor programa de Tradición musical outrogado pola Academia das Ciencias e das Artes de Televisión. Alalá naceu como documental musical que se interna nas historias e vidas cotiás da xente que loita para que non se esqueza a sabedoría tradicional. Alalá é un dos programas que a TVG presentou dentro da súa renovación de contidos e supón unha revisión do xeito en que a televisión difunde a tradición musical, encadrando a actuación dun grupo ou artista dentro do seu marco social, laboral ou persoal. A gala de entrega dos premios, que tamén celebra o décimo aniversario da Academia das Ciencias e das Artes de Televisión retransmitirase por todas as canles autonómicas da FORTA.


Máis información na Academia de Televisión
e sobre Alalá na TVG