Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Os coruñeses Nashgul sacan un disco conxunto cun grupo xaponés nun selo alemán
Os coruñeses Nashgul sacan un disco conxunto cun grupo xaponés nun selo alemán
xuño 8, 2007
O seló alemán Power It Up acaba de editarlle á banda coruñesa Nashgul un novo disco, conxuntamente co grupo xaponés World Down Fall. Trátase dun vinilo de sete pulgadas que contén cinco temas dos galegos por un lado e tres dos nipóns polo outro, incluindo unha versión de Denak. Nashgul é un cuarteto cunha intensa actividade discográfica, e xa ten entrado nos circuitos europeos do seu estilo musical, o grindcore. A portada desta nova gravación é obra da debuxante Emma Ríos e o deseño gráfico de Álvaro López, ambos coñecidos autores galegos de banda deseñada.
O disco pódese comprar en liña xa en Power it Up
Tamén che pode interesar:
- 22/ 10/ 2012 | Os pandeireteiros Maghúa sacan o primeiro disco
- 15/ 11/ 2010 | Colectivo Oruga xa teñen á venda o seu disco Too many knobs
- 11/ 12/ 2008 | Publícase o segundo disco dos coruñeses Guru Deva
- 10/ 10/ 2007 | Carlos Childe Troupe abre con “Cooking Melodies” a colección de Blues & Jazz do selo PAI
- 24/ 5/ 2007 | O selo PAI anuncia o lanzamento do primeiro disco do grupo arousán Cornelius