Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Reúnense en Bruxelas tres voces galegas femininas de primeira fila no espectáculo “Ida e volta”
Reúnense en Bruxelas tres voces galegas femininas de primeira fila no espectáculo “Ida e volta”
xuño 6, 2007
As cantantes Guadi Galego, Uxía e a belgo-galega Verónica Codesal estarán acompañadas no escenario do Teatro Molière por Didier Laloy (acordeón), Pascal Chardome (guitarra), Cédric Waterschoot (baixo) e Osvaldo Hernandez (percusión). O trío Ad Cominotto abrirá ás 20 horas a velada na que as tres artistas galegas amosarán o son actual da tradición musical galega. O espectáculo "Ida e volta" esta organizado pola Fundación Muziekpublique coa colaboración da Consellaría de Cultura e a Fundación Galicia-Europa. Está previsto que este espectáculo se repita despois en outros lugares.