Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os pontevedreses Heissel chegan á final do concurso de maquetas de Hard Rock Café e Sennheisser

HEI, HEI, HEISSEL!

Os pontevedreses Heissel chegan á final do concurso de maquetas de Hard Rock Café e Sennheisser

ROCK | xuño 11, 2007

not_10131.jpg

Superando as diferentes fases de selección que deixaron fóra máis de cento corenta grupos musicais a formación pontevedresa Heissel conseguiu chegar á final do “Concurso You Play! de maquetas para Jovenes Artistas” organizado pola cadea de restaurantes Hard Rock Café e empresa alemá de produtos electro-acústicos Sennheiser. Despois de superar unha primeira fase de pre-selección por votacións en liña na que foron elixidos entre os 20 mellores dos 147 que se presentaron de toda España, un xurado de profesionais da industria musical escolleu a súa maqueta para formar parte do grupo de seis semifinalistas. Tras dunha actuación o pasado día 7 no Hard Rock Café de Madrid Heissel foi elixida unanimemente como finalista polo xurado por diante das actuacións dos grupos madrileños Otra Cara e The Moonstones. Será o vindeiro xoves 14 na terraza do restaurante en Madrid onde terá a oportunidade de optar a gañar o concurso fronte aos grupos Versatile, de Barcelona, e Tyr, de Málaga, finalistas escollidos en Barcelona. O gañador recibirá un equipo de microfonía valorado en máis de 2.600 euros e actuará nos festivais Metrorock 2007 e Viñarock 2008.

Máis información no sitio de YouPlay!