Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O novo disco da banda grovense Nadadora xa está nas tendas desde hoxe mesmo
O novo disco da banda grovense Nadadora xa está nas tendas desde hoxe mesmo
maio 28, 2007
Hoxe sae á venda o segundo álbum de longa duración do grupo Nadadora. A carreira deste sexteto afincado n´O Grove xa conta con dous discos anteriores, o mini CD "Aventuras dentro de cajas" en 2004 e o álbum "Todo el frío del mundo" en 2005 que conseguiron que este grupo fose collendo un espazo propio na música e aumentando paulatinamente o número de seguidores. O seu novo álbum "Hablaremos del miedo" ten 10 cancións cantadas en castelán e algunha, “Todo o mundo protesta", en galego como xa é habitual nos anteriores traballos. O disco, editado polo mesmo selo dos anteriores, Jabalina Música, foi gravado nos estudios Círculo Polar de O Grove e masterizado por Alan Douche. e incorpora como novidade a introdución de instrumentos de corda e vento, así como arranxos orquestrais.
Máis información en Sono-Tone
Tamén che pode interesar:
- 22/ 8/ 2012 | Matapadre editará UNO, o primeiro disco de Lendrone
- 2/ 6/ 2009 | Sae ás tendas o EP Noviembre dos vigueses ESENIA
- 24/ 11/ 2008 | O disco en solitario de Roi Casal sae á venda hoxe
- 7/ 5/ 2008 | Nadadora salta ás pistas de baile co seu novo disco
- 18/ 4/ 2008 | Lamatumbá saca o disco “Paraugas universal”