Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Preséntase o disco no que trinta grupos fan versións de temas de Andrés do Barro

DOBARRISMOS

Preséntase o disco no que trinta grupos fan versións de temas de Andrés do Barro

POP | xuño 4, 2007

not_10086.jpg

Son tempos de Do Barro. Se onte mesmo a Televisión Galega emitía a gala de homenaxe a Andrés do Barro, mañá chega ás tendas "Manifesto Dobarrista", un CD editado por Falcatruada. Baixo este título unha trintena de grupos galegos presentan cadansúa versión dun éxito deste pioneiro do pop en galego. Entre os participantes neste disco, grupos coma The Homen, Narf, Niño y Pistola Fanny + Alexander ou Projecto Mourente. De xeito paralelo, está xa na rede o web dobarrismo.com, que quer ser un punto de encontro para os admiradores deste artista.

Máis información no web de Falcatruada, en Dobarrismo.com, en Galicia Hoxe; en La Voz de Galicia; trailer do documental O tren que me leva en AVG; o noso tema sobre Do Barro; escoita mostras dalgúns dos temas en Mega



VIDEO | Elodio y los seres queridos -
VIDEO | Quant - Pois Eu
VIDEO | The Policarposound Inc. - San Antón
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Noite de estrelas - Narf
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Corpiño Xeitoso - Projecto Mourente
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Pois Eu - Quant
datos do disco