Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Quince novos grupos de toda a península optan a abrir o Festival de Ortigueira no escenario Runas

A POLO RUNAS!

Quince novos grupos de toda a península optan a abrir o Festival de Ortigueira no escenario Runas

FOLK | xuño 1, 2007

imaxe non dispoñible

A dirección artística do Festival de Ortigueira ven de facer públicos os nomes dos quince grupos finalistas do Proxecto Runas'07, destinado a dar a coñecer os traballos de novos grupos folk da península ibérica. Os elixidos SeteSaias, Bauma, Neirela, La Conjura, A Compañía do ruído, Ophiusa, A Gramalleira, Crema da gaita, Balakandra, Landú, bOnOvO, La jambre, Boys of the hills, Balbarda e Monte Lunai. Só cinco deles serán escollidos para actuar este ano no festival máis multitudinario do Estado. Un xurado, integrado por críticos musicais, deberá facer agora esa escolla dos grupos que abrirán o Festival a noite do 5 de xullo. Como novidade este ano, os internautas converteranse nun membro máis do xurado, podendo escoitar e votar en liña polos seus grupos preferidos a través do sitio web do festival.

Máis información no Festival de Ortigueira