Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Edicións do Cumio presenta en Vigo o Método de gaita de Xaquín Xesteira
Edicións do Cumio presenta en Vigo o Método de gaita de Xaquín Xesteira
maio 31, 2007
Edicións do Cumio presenta este venres 1 ás 19 horas Auditorio da Escola de Artes e Oficios de Vigo o libro “Método de Gaita Galega I” escrito polo mestre Xesteira e que inclúe un CD. Mestre de gaita e percusión na Universidade Popular de Vigo e membro fundador do grupo Treixadura Gaiteiros, o cambadés Xaquín Xesteira leva desde neno inserido no mundo da música tradicional. Ademais de tocar en varios concertos con Milladoiro na década dos noventa participou en gravacións cos grupos Na Lúa e Fuxan os ventos e tamén e´fundador da Fundación Sondeseu xunto a Anxo Pintos ou Rodrigo Romaní.
Tamén che pode interesar:
- 16/ 12/ 2013 | A Orquestra Sondeseu estrea as súas Danzas brancas
- 19/ 4/ 2013 | Falece Henrique Otero, O Gaiteiro do Fragoso
- 20/ 5/ 2008 | Do Cumio presenta un libro para aprender canto e danza tradicional
- 22/ 2/ 2006 | O gaiteiro Iván Costa interpreta todos os instrumentos e leva a produción no disco “Ávrego” editado por Cumio