Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Cinco grupos galegos entre os finalistas do concurso Coca-Cola Nuevos Grupos
Cinco grupos galegos entre os finalistas do concurso Coca-Cola Nuevos Grupos
maio 30, 2007
De entre os novecentos grupos de todo o estado que enviaron as súas maquetas pola rede para o concurso organizado pola marca de refrescos só corenta e cinco superaron a primeira fase do certame. Agora cinco grupos galegos están entre estes dependendo do resultado das votacións en liña para conseguir o premio, consistente en ser contratados para abrir o concerto en Madrid dun artista internacional o vindeiro 5 de xullo. Os grupos 96 GRADOS, de Santiago; CODA, da Coruña; NUEVE8SEIS, de Pontevedra; IAN, de Lugo e LAP A RUSH, de Ourense conforman esta presenza galega no certame. Un concerto na Sala Capitol de Santiago o 7 de xuño e outro no Playa Club da Coruña o 8 de xuño servirán para coñecer o directo destas bandas. Ata o 25 de xuño pódese apoiar a estes grupos votándolles a través do sitio web do certame.
Máis información en Coca-Cola Música
IAN
LAP A RUSH
96 GRADOS
NUEVE8SEIS
CODA
Tamén che pode interesar:
- 19/ 8/ 2014 | Biribirlocke gaña o II Concurso de Grupos Emerxentes Revenidas
- 18/ 11/ 2013 | 39 finalistas nos Premios Galegos da Música
- 4/ 7/ 2013 | O Noroeste Pop Rock recupera o directo para escoller aos grupos participantes
- 11/ 4/ 2013 | Confírmanse as primeiras actuacións do festival Millo Verde
- 13/ 2/ 2008 | Grupos galegos participarán na xira “Artistas en ruta”