Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Ponse en marcha a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra

NACEN NOTAS NO LéREZ

Ponse en marcha a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra

CLáSICA/LíRICA | xuño 6, 2007

imaxe non dispoñible

43 músicos integran a nova Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Segundo o coordinador da proposta, Luís Costa, o 90% dos integrantes son de procedencia galega. A orquestra, segundo Costa, aspira a “integrarse na vida social da cidade e converterse nun referente no panorama simbólico de Galicia”. Trátase dun proxecto financiado pola Deputación de Pontevedra, o Concello e a Xunta de Galicia coa colaboración do Conservatorio de Música de Pontevedra. A Orquestra estará dirixida por Javier Viceiro-Filgueira e dará tres concertos de presentación nestes días. O inaugural será hoxe, mércores, ás 21 h. no Pazo da Cultura de Pontevedra. O sábado 9 será o seguinte, no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Vigo e no Auditorio de Galicia o vindeiro día 12.

Máis información en Galicia Hoxe