Noticias
A OSG presenta un programa de 'Imprescindibles' para a vindeira temporada
Xénero:
| 31 / 5 / 2022O programa 2022/2023 da OSG ven de presentarse baixo o epígrafe de 'Imprescindibles' anuncia a un elenco de grandes directores e solistas invitados, así como a interpretación de grandes obras do repertorio sinfónico que poden ser clasificadas desa maneira. A vindeira temporada verá sobre o podio ata nove batutas por vez primeira: Alondra de la Parra, Lina González-Granados, Markus Stenz, Stéphane Denève, Ludovic Morlot, Antonello Manacorda, Catherine Larsen-Maguire, Vasilly Sinaisky e Manuel Hernández-Silva. Ademais Dima Slobodeniouk manterá unha importante presencia con tres programas e Carlos Mena iniciará a súa etapa como director artístico do Coro con dous programas sinfónico corais, a Gloria de Antonio Vivaldi e o Réquiem do portugués Joao Domingos Bomtempo. Catro orquestras estarán convidadas ao programa de abono da OSG: a Orquesta Nacional de España, a Orquesta Sinfónica de Castilla y León, a Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias e a Real Filharmonía de Galicia.
Trinta anos de pasos no 'Camiño longo' de Treixadura
Xénero:
| 30 / 5 / 2022Trinta anos leva a formación tradicional Treixadura camiñando polos escenarios do país e con esa celebración presentan un novo traballo discográfico, 'Camiño longo', co que tamén seguen a andar por auditorios e eventos. Como xa fixeran en anteriores aniversarios "redondos", celebrando os vinte anos con "Esa si que é muiñada" (2011) e os 25 co álbum gravado en directo "Vendima tarda" (2014) agora os de Cambados celebran o trinta aniversario cunha forte aposta que en forma dun libro - disco no que fan un percorrido pola súa propia traxectoria. Este oitavo disco, 'Camiño longo' é un documento de 17 temas musicais e 104 páxinas que amosa o propio percorrido da formación a nivel musical e histórico, un intento de deixar rexistro de 30 anos de emoción compartidos con moitos seguidores, que grazas as cancións os datos e as fotografías poderán revivir moitos momentos de Treixadura, achegándose á traxectoria desta importante formación. O disco, autoeditado, foi gravado nos estudios Casa de tolos, en Mañufe, Gondomar, e Edisco, A Estrada, durante os meses de xaneiro a marzo de 2020 e conta coas colaboracións da Banda Municipal de Música de A Coruña e do Coro Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela ademais da de Rodrígo Romaní. Treixadura xa está a presentar este traballo en diferentes escenarios cunha axenda cuxa seguinte parada será o vindeiro día 3 en Crecente (Albeos) no marco das Festas das Dores e o Santo Cristo.
Os Grupos de Vigo en Loita organizan un concerto de protesta contra o Concello
Xénero:
| 25 / 5 / 2022A plataforma Grupos de Vigo en Loita, creada por músicos da cidade olívica para canalizar as súas protestas sobre as condicións dos locais de ensaio municipais Vigosónico, organizará o vindeiro venres un concerto de reivindicación das súas reclamacións. O club Molotov acollerá o venres 3 de xuño este acto que inclúe a sete bandas da escena viguesa, para reclamar a mellora das salas de ensaio de Vigosónico e tamén servirá para reivindicar a presencia de bandas viguesas na programación de verán do Concello, que, para o colectivo organizador "brilla pola súa ausencia, especialmente cando esta podería servir de altofalante da cultura da cidade xuntando aos artistas da cidade cos grandes nomes internacionais". O evento contará con músicos de diferentes estilos, dende o rap de La Cloaka Sound e JCA, pasando polo punk dos Vacalouras, o metalcore de Arson Tides, a mestura de rap e rock do Puto Show, o pop punk de Gracias por Nada, o rock duro de West Ride ou o rock de Einconscientes. A entrada será de balde.
A sustentabilidade dos festivais protagoniza a XII xornada A cultura é un dereito
Xénero:
| 19 / 5 / 2022O vindeiro 21 de maio a sede da Deputación Provincial da Coruña acolle a XII xornada A cultura é un dereito. Organizada pola área de Cultura do organismo, este encontro artéllase co título "Impacto positivo: unha alianza festivais-administración" e pon o seu foco na sustentabilidade destes eventos.
Das minas tamén sae arte
Xénero:
| 12 / 5 / 2022A mina Consuelo de A Pontenova (Lugo) está a vivir unha segunda vida como recurso patrimonial turístico e cultural da zona, tras do seu pasado industrial, hoxe abandonado. Os vindeiros 11 e 12 de xuño comezará, como proba piloto, un ciclo de intervencións artísticas deseñadas especialmente para o contexto da Mina Consuelo e integradas na ruta de sendeirismo coñecida como "Ruta dos Fornos". Eses dous días terá lugar dentro dunha actividade máis ampla que reúne sendeirismo, espeleoloxía e degustacións, a actuación musical en directo de Mónica de Nut. O ciclo, supón integrar estas intervencións nun percorrido guiado por este entorno no que os visitantes terán que enfundarse os cascos para acceder á mina abandonada que é a segunda maior paraxe espeleolóxica de Galicia tras Rei Cintolo, segundo estudos recentes. A experiencia terá unha duración de dúas horas e media e incluirá unha parte do percorrido pola 'Ruta dos fornos', a visita ás minas, a actuación da artista (40 minutos) e unha degustación de viños e produtos da zona. Esta é a primeira actividade programada deste ciclo artístico comisariado por Natalia Balseiro para a empresa Xesteco Creativa.
Publicacións, proxectos sonoros e propostas escénicas celebran a Florencio Delgado
Xénero:
| 12 / 5 / 2022Cando se achega o 17 de maio, intensifícanse as iniciativas para celebrar a Florencio Delgado Gurriarán, poeta homenaxeado nesta xeira do Día das Letras. Dentro das máis recentes, a Universidade de Santiago acaba de presentar Florencio Delgado Gurriarán. O soño dunha Galicia infinda, unha obra coordinada por Dolores Vilavedra que recolle seis traballos a facer "un percorrido pola biografía literaria, humana e sociolingüística do autor" e que incrementan as achegas de investigación sobre a súa figura.
Quiosco: Sons da Galiza 1
Xénero:
| 10 / 5 / 2022A revista Sons da Galiza pon na rede en formato de pdf interactivo o seu número 1, correspondente ao mes de abril. A publicación de Óscar Martínez ofrece, ademáis dunha benvida editoria do responsable, tres entrevistas co dúa Caamaño & Ameixeiras, Budiño e Xisco Feijoo. Ademais a publicaciópn sobre a música tradicional inclúe tamén unha reportaxe sobre o legado do musicólogo Alna Lomax. O segundo número desta publicación está a piques de saír co Día das Letras Galegas.
Raúl Diz homenaxea a Florencio Delgado cun álbum monográfico
Xénero:
| 10 / 5 / 2022Cinco poemas de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste 2022, compoñen De Córgomo a Fair Oaks. Raúl Diz, membro de Os Amigos dos Músicos, asina este proxecto en solitario que vé a luz baixo o selo Todomedre e A Regueifa 2.0, e foi masterizado por Tomás Ageitos nos estudos A Ponte. Diz acompaña a súa voz con guitarras acústicas en melodías sinxelas que desenvolveu con fins didácticos.
O Pazo de Mariñán xa ten ocupantes das súas primeiras residencias
Xénero:
| 9 / 5 / 2022Entre os vindeiros 16 e 22 de maio o dúo Caamaño&Ameixeiras abrirá no Pazo de Mariñán as primeiras residencias artísticas que organizou a Deputación da Coruña neste espazo. O xurado desta convocatoria seleccionou o pasado 5 de maio os catro proxectos musicais que se recluirán neste espazo monumental para desenvolver novas propostas creativas.
O calendario de festivais confirma recuperacións e novos eventos
Xénero:
| 6 / 5 / 2022Coa primavera xa comezada e a situación sanitaria estable, en principio, aínda quedan algún festivais que están estes días a pechar as súas propostas e comunicándollas ao público para completar a axenda dun xeito cada vez máis semellante aos tempos pre-pandémicos. Confirmacións de cartel artístico e datas sucédense no panorama galego destes eventos, incluíndo a presentación dalgunha nova proposta. Damos un breve repaso ao máis significativo do presentado nos pasados días que se ven unir a todas as citas que xa previamente foron adiantándose para este ano.