Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A OSG presenta un programa de 'Imprescindibles' para a vindeira temporada

NOVE BATUTAS DIFERENTES DIRIXIRáN A ORQUESTRA SINFóNICA DE GALICIA NESTA ETAPA

A OSG presenta un programa de 'Imprescindibles' para a vindeira temporada

CLáSICA/LíRICA | maio 31, 2022

imaxe non dispoñible

O programa 2022/2023 da OSG ven de presentarse baixo o epígrafe de 'Imprescindibles' anuncia a un elenco de grandes directores e solistas invitados, así como a interpretación de grandes obras do repertorio sinfónico que poden ser clasificadas desa maneira. A vindeira temporada verá sobre o podio ata nove batutas por vez primeira: Alondra de la Parra, Lina González-Granados, Markus Stenz, Stéphane Denève, Ludovic Morlot, Antonello Manacorda, Catherine Larsen-Maguire, Vasilly Sinaisky e Manuel Hernández-Silva. Ademais Dima Slobodeniouk manterá unha importante presencia con tres programas e Carlos Mena iniciará a súa etapa como director artístico do Coro con dous programas sinfónico corais, a Gloria de Antonio Vivaldi e o Réquiem do portugués Joao Domingos Bomtempo. Catro orquestras estarán convidadas ao programa de abono da OSG: a Orquesta Nacional de España, a Orquesta Sinfónica de Castilla y León, a Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias e a Real Filharmonía de Galicia.

Sinfonías de entrada ao xénero e unha semana para a música galega
No referente ao programa musical, a vindeira temporada incluirá obras dirixidas aos afeccionados e tamén como vía de entrada ao repertorio sinfónico para aqueles que queiran achegarse á Sinfónica de Galicia por primeira vez. As sinfonías primeira e sétima de Mahler, a terceira e sétima sinfonías de Beethoven, a quinta e sexta sinfonías de Tchaikovsky, sinfonías de Prokofiev, Shostakovich, Saint-Saëns, Bruckner, Brahms ou "A miña Patria" de Smetana convivirán coa estrea absoluta do concerto para trompeta de Gabriela Ortiz, estrea europea da Sinfonía imposible de Arturo Márquez, estrea en España do concerto para piano de Thomas Adès e do concerto para dous pianos de Joey Roukens. Ademais, faranse as estreas de Eduardo Soutullo en Música en Compostela e Rogelio Groba nunha semana dedicada á música galega. O Grupo Instrumental Siglo XX celebrará o seu 25º aniversario con 'Le Marteau sans Maitre' de Pierre Boulez e 25 micro-secuencias a cargo de 25 compositores de Galicia.