Ir ao contido directamente.


Noticias

O canto agochado entre pipotes

Xénero: Folk | 12 / 3 / 2012

imaxe non dispoñible

¿Quen dixo que as tabernas de toda a vida están condenadas á desaparición? Nos últimos anos multiplícanse as iniciativas para lles dar nova a vida da man da música. Os cantos tabernarios resoan por todos os recantos do país cada vez con máis forza. Pontevedra é a última en se sumar á iniciativa, da man de Maravallada, cun ciclo dedicado a esta forma da nosa tradición. Os que se queiran iniciar, téñeno ven sinxelo, xa está dispoñible na rede un Repertorio Tabernario cos ghits que mais soan onda os pipotes.

Sumrrá celebra o seu aniversario cunha xira

Xénero: Jazz/Blues | 9 / 3 / 2012

imaxe non dispoñible

Hoxe mesmo arrinca en Vigo a xira galega coa que o trío de jazz Sumrrá celebra os seus doce anos de traballo. Manuel Gutiérrez, Xacobe Martínez Antelo e LAR Legido realizaron neste período catro lanzamentos discográficos e milleiros de concertos a nivel internacional. A intención do grupo é percorre Galicia ao longo deste ano nunha serie de recitais cos que queren agradecer aos seus seguidores o apoio recibido neste tempo.

Con Fado com outro acento María do Ceo presenta o seu disco máis portugués

Xénero: Folk | 8 / 3 / 2012

not_20554.jpg

Cunha longa traxectoria artística ás súas costas a cantante ourensá de orixe portuguesa María do Ceo presenta hoxe o seu novo disco Fado com outro acento (Zouma, 2012) gravado en Lisboa. Un disco totalmente de Fado, cantado en portugués, no que a artista mergúllase nas súas raíces a través de trece fados a maioría deles tradicionais e dous deles compostos para o disco polo seu compositor habitual, Armando González: A menina das calças pardas e Cántame un fado minhoto. Un disco no que María canta a Luis de Camoes, Amalia Rodrigues, Vasco Macedo, Arlindo de Carvalho, Armando Gonzalvez ou Alberto Janes entre outros. Destacan interpretacións como a da canción María la portuguesa, coñecido tema de Carlos Cano, cantado nunha versión en portugués. Participaron na gravación, José Manuel Neto na guitarra portuguesa, Miguel Gonçalves coa guitarra clásica e Daniél Pinto no Baixo. O Nome do disco ven dado pola peculiaridade do acento da cantante na súa condición raiana entre o luso e o galego, condición reivindicada no tema Cántame un fado minhoto.

Dj Budiño e Mc Blanco

Xénero: Fusión | 8 / 3 / 2012

imaxe non dispoñible

Da gaita aos pratos, Xosé Manuel Budiño muda de terzo e pásase á música electrónica. O artista de Moaña forma dúo con Carlos Blanco en iLalelo, un proxecto no que se mestura música e humor. Monólogos a ritmo de rap que fan cantar ao público e nos que se mestura o texto preparado con cuestións centradas na actualidade e vencelladas a cada lugar onde chega a actuación.

Coke Céspedes protagoniza o novo disco do MC El Puto Coke

Xénero: Hip-Hop | 7 / 3 / 2012 + AUDIO

not_20547.jpg

O retorno do artista vigués El Puto Coke ao micrófono despois de seis anos dedicado á produción e ás colaboracións xa está nas tendas editado finalmente a través do seu propio selo LicorKafé. El Puto Coke presenta:Coke Céspedes é o título deste traballo, talvez o máis íntimo e persoal do MC con quince temas de hip-hop gravados nos estudios Abdala da Habana.

Confírmase a celebración do Festival do Norte e parte do cartel de actuacións

Xénero: Rock | 5 / 3 / 2012

imaxe non dispoñible

Los Enemigos, Fangoria, Love of Lesbian e Nancys Rubias estarán no cartel da undécima edición do festival do Norte que se vai celebrar en Vilagarcia os días 27 e 28 de abril. Esta será a primeira actuación de Los Enemigos na súa volta aos escenarios e a organización segue a traballar para incorporar nomes aos carteis dos dous días. A viabilidade dunha nova edición do Festival do Norte estaba en dúbida ante os recortes orzamentarios previsibles este ano nas achegas das administracións públicas local e autonómica ademais de nos patrocinios. O mes pasado sóubose que o Concello de Vilagarcía decidira recortar a súa achega económica pasando dos 60 mil euros da edición de 2011 a 24 mil euros para este ano o que puxo en cuestión a posibilidade de contar con grandes bandas internacionais. As entradas venderanse a un prezo de 30 euros o abono, 5 euros menos que na edición anterior. En 2011 13.339 persoas pasaron polo Festival do Norte, que ademais de concertos inclúe outras actividades paralelas.

Kalandraka inicia unha colección de música clásica para nenos

Xénero: Clásica/Lírica | 5 / 3 / 2012

imaxe non dispoñible

Achegarlle a música clásica aos máis novos é o obxectivo da nova colección de libro-discos que abre a editorial Kalandraka. As catro estacións, de Vivaldi, é o título de presentación, que sae á luz a coincidir co aniversario do autor, nado o 4 de marzo de 1678. A violinista estadounidense Sarah Chang interpreta a peza co acompañamento da Orpheus Chamber Orchestra. Pola súa banda, o coruñés José Antonio Abad corre cun texto no que amosa o ciclo das estacións nun bosque, acompañado das ilustracións de Emilio Urberuaga, Premio Nacional de Ilustración 2011.

Aerolíneas Federales recupera as súas gravacións “perdidas”

Xénero: Rock | 21 / 2 / 2012

not_20463.jpg

Hasta El Final Y Más Allá... [Demos 1983-1993] é o título do disco co que o grupo vigués Aerolíneas Federales volve tras 21 anos aos catálogos de novidades discográficas da man do selo Elefant Records.

Machina lanza Ensaio sobre o silencio

Xénero: Rock | 20 / 2 / 2012

capa_ensaio sobre o silencio.jpg

A finais de 2011 entraban no estudio, e o pasado venres presentaban en Compostela a primeira audición pública. Machina lanza o seu segundo LP, Ensaio sobre o silencio, no que achegan trece temas cheos de forza no que mesturan os ritmos do rock e o metal alternativos, co hardcore. O volume, gravado nas instalacións de Javier Abreu coa produción de Pablo Iglesias, conta coas colaboracións de O Leo i Arremecaghona, Juan Prego, Diego Carreira, César Ríos e Nacho Goris. A estrea oficial do disco será o vindeiro 17 de marzo nun concerto en Cerceda.

Trece finalistas compiten polos Premios Opinión de música folk

Xénero: Folk | 17 / 2 / 2012

not_20444.jpg

As tres categorías dos Premios Opinión de música folk, mellor tema, mellores artistas e mellor disco, contan este ano con trece aspirantes. Os galardóns inauguran nesta XI Edición unha nova fórmula, pola que os gañadores só se coñeceran no transcurso da gala de entrega que se celebrará o vindeiro mes de maio. Malia a que estaba previsto que houbese catro finalistas por categoría, un empate nas votacións deu en que finalmente haxa cinco candidatos a mellor tema.

<< Inicio / Anterior . 2331 a 2340 de 3580 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR