Ir ao contido directamente.


Noticias

Política Lingüística apoia a campaña Mil festas mais para a lingua galega

Xénero: Miscelánea | 23 / 3 / 2012

imaxe non dispoñible

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística presentaban onte a nova xeira da campaña Mil festas mais para a lingua galega. A iniciativa, que se desenvolve desde hai preto de quince anos, emprende a súa xeira 2012 apoiándose na figura de Prudencio Romo e Os Tamara como exemplo de músicos que mantiveron a nosa lingua no contexto das festas populares. Segundo explica Xosé González Martínez, da asociación, a Secretaría amosa así o seu apopio á iniciativa e a difundirá entre os concellos qeu fan parte da Rede de Dinamización Lingüística.

As orquestras populares deron traballo a 4.000 persoas no verán de 2010

Xénero: Melódica | 22 / 3 / 2012

imaxe non dispoñible

O estudio Do palco ó escenario. Unha aproximación analítica á industria da música nas festas populares de Galicia presentado hoxe é o primeiro proxecto de investigación que fai unha aproximación analítica e rigorosa ao subsector das orquestras de verbena que tanta intensidade acada no contexto galego. O traballo desenvolvido polo Equipo Canal Campus da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais achega unha “foto fixa” deste sector do ano 2010 deixando ver unhas cifras oficias de facturación de máis de 28 millóns de euros e un nivel de contratación de 4.000 postos de traballo, malia que moitos son estacionais concentrados no verán.

O Galicia Classics ofertará oito concertos

Xénero: Clásica/Lírica | 21 / 3 / 2012

imaxe non dispoñible

O concerto, o vindeiro 28 de marzo na Coruña, da Orquestra Sinfónica de Gotemburgo interpretando a Richard Strauss dará comezo, á terceira edición do ciclo Galicia Classics. A iniciativa, que o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, presentaba esta mañá, comprenderá un total de sete concertos que se realizarán ata o vindeiro mes de xullo. O ciclo homenaxeará este anos os compositores galegos Carlos López García-Picos e Xoán Viaño e tamén programará

Quempallou chama a colaborar co xornal que acompañará o seu novo disco

Xénero: Folk | 21 / 3 / 2012

imaxe non dispoñible

Con ocasión do inminente lanzamento do seu novo disco, Vellas novas, o grupo folk Quempallou vai publicar publicar un xornal. Cun único número, a publicación quere contar coa participación do siareiros do grupo, a quen chaman a achegar mediante as redes sociais Twitter e Facebook anécdotas nas que o traballo de Quempallou teña un papel importante. Para alén de publicar todo o material recollido, as dez mellores historias serán premiadas cun disco e mais cun exemplar do xornal. O grupo achega no seu web dous temas como adianto do disco.

Grupos folclóricos da Coruña homenaxean a Choncha Martínez

Xénero: Folk | 16 / 3 / 2012

imaxe non dispoñible

O Concello da Coruña organiza, o vindeiro domingo 18 o primeiro Memorial Choncha Martínez. O evento centrado na danza tradicional, que comeza a partir das sete da tarde, contará coa participación da Asociación provincial de coros e danzas Eidos, o grupo Iar, Xacarandaina, a agrupación folclórica Aturuxo e mais o coro Cántigas da terra. Choncha Martínez foi unha das creadoras do Grupo de Coros e Danzas da Sección Femenina de Falanxe na Coruña, e desenvolveu un intenso labor de documentación e recuperación sobre o baile tradicional. Faleceu hai agora un ano na Coruña, aos noventa anos de idade.

Unicornibot lanza disco e inicia xira de presentación

Xénero: Alternativa | 16 / 3 / 2012

not_20606.jpg

O web Bandcamp acolle desde onte o novo disco da banda pontevedresa Unicornibot. Dálle! presenta dez temas instrumentais con doses de rock industrial. O álbum, para alén de poderse escoitar íntegro na rede, pode mercarse en formato dixital e terá, a partir do 22 de marzo, tamén unha edición en vinilo serigrafiada. O disco gravouse en directo no estudio Estudio Brazil de Madrid e ve a luz da man da colaboración dos selos Matapadre, Radix Records, Bloody Dirty Sanchez Productors, Chingaste la confianza e Odio Sonoro.

Ruxe-Ruxe volve con forza renovada en Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras

Xénero: Rock | 15 / 3 / 2012

not_20600.jpg

Desde o compostelán barrio de Aríns sae o oitavo traballo discográfico dos Ruxe-Ruxe, a través do seu propio selo Lobicán Records poñen na rúa Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras. Dezasete cancións compoñen este traballo da banda gravado en Nigrán nas instalacións de Oceano Estudio co produtor Javier Abreu como xa fixeran no anterior traballo Na fura de diante(Lobicán records,2010). Como é habitual no grupo foron quen de congregar valiosas colaboracións para o seu disco como Xavier Díaz (Berrogüetto), Dios ke Te Krew, Roi Maceda (Quempallou), Bocixa (Zenzar) e Esteban (Skacha).

A Casa das Crechas fai 25 anos

Xénero: Miscelánea | 13 / 3 / 2012

imaxe non dispoñible

Un cuarto de século sendo un referente no panorama musical non se fan a diario. O pub compostelán A Casa das Crechas sábeo e para conmemoralos organizou para mañá, mércores 14 de marzo, unha festa que se prolongará a partir das seis e media da tarde. Máis de vinte e catro artistas pasarán, ao longo de cinco horas de espectáculo, polo local, dando así comezo a unha programación de aniversario prevista para todo o ano.

O Plan Cultural de Pontevedra apoiará a 1.100 agrupacións

Xénero: Folk | 13 / 3 / 2012

imaxe non dispoñible

A Deputación de Pontevedra resolveu recentemente a convocatoria do seu Plan Cultural, polo que apoiará con máis dun millón de euros actuacións musicais e escénicas por toda a provincia. O programa afectará a 1.100 agrupacións, que a entidade estima que comprenden máis de 30.000 persoas. Un total de 168 corais, 127 grupos folclóricos, 120 grupos de gaitas, 108 de pandeireteiras, 104 de teatro e 79 kbandas de músicas son algúns dos beneficiados das axudas, que tamén chegan a grupos de rock, poetas, cantautores ou humoristas. Os cachés dos seleccionados oscilarán entre os 170 e os 600 euros por actuación.

Compostela perde o Festival de Músicas Contemplativas

Xénero: Antiga | 12 / 3 / 2012

imaxe non dispoñible

A falta de orzamento asignado no Consorcio de Santiago impedirá que a vindeira Semana Santa Compostela acolla unha nova edición do Festival de Músicas Contemplativas. O evento, centrado en diferentes formas de música relixiosa, estaba organizada por esta entidade desde hai xa seis anos, conseguindo neste tempo un importante éxito de público. Non se desbota que en vindeiras ocasións se poida retomar a iniciativa.

<< Inicio / Anterior . 2321 a 2330 de 3580 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR