Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Política Lingüística apoia a campaña Mil festas mais para a lingua galega
Política Lingüística apoia a campaña Mil festas mais para a lingua galega
marzo 23, 2012
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística presentaban onte a nova xeira da campaña Mil festas mais para a lingua galega. A iniciativa, que se desenvolve desde hai preto de quince anos, emprende a súa xeira 2012 apoiándose na figura de Prudencio Romo e Os Tamara como exemplo de músicos que mantiveron a nosa lingua no contexto das festas populares. Segundo explica Xosé González Martínez, da asociación, a Secretaría amosa así o seu apopio á iniciativa e a difundirá entre os concellos qeu fan parte da Rede de Dinamización Lingüística.
En vindeiras datas, a Asociación de Funcionarios para a Normalización desenvolverá novas presentacións da iniciativa en concellos con vistas a que os mesmos impliquen as comisións de festas nunha maior galeguización dos eventos que organizan. Introducir a nosa lingua no repertorio das orquestras, na cartelaría, nos pregóns ou mesmo nas celebracións relixiosas, así como contratar grupos galegos son algunhas das propostas que fan parte da campaña.