Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Unicornibot lanza disco e inicia xira de presentación

DáLLE! ESTá DISPOñIBLE NA REDE E TERá EDICIóN EN VINILO

Unicornibot lanza disco e inicia xira de presentación

ALTERNATIVA | marzo 16, 2012

not_20606.jpg

O web Bandcamp acolle desde onte o novo disco da banda pontevedresa Unicornibot. Dálle! presenta dez temas instrumentais con doses de rock industrial. O álbum, para alén de poderse escoitar íntegro na rede, pode mercarse en formato dixital e terá, a partir do 22 de marzo, tamén unha edición en vinilo serigrafiada. O disco gravouse en directo no estudio Estudio Brazil de Madrid e ve a luz da man da colaboración dos selos Matapadre, Radix Records, Bloody Dirty Sanchez Productors, Chingaste la confianza e Odio Sonoro.

A sala Labranza, de Bueu, acolle esta noite o comezo da xira de presentación, que levará o grupo en vindeiras datas pola Coruña, Madrid, Ourense, Pontevedra ou Vigo, cun un total de 17 actuacións previstas ata o vindeiro 8 de xuño.

MULTIMEDIA
Dalle! de Unicornibot en Bandcamp
datos do disco