Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Kalandraka inicia unha colección de música clásica para nenos

AS CATRO ESTACIóNS DE VIVALDI ABRE O PROXECTO

Kalandraka inicia unha colección de música clásica para nenos

CLáSICA/LíRICA | marzo 5, 2012

imaxe non dispoñible

Achegarlle a música clásica aos máis novos é o obxectivo da nova colección de libro-discos que abre a editorial Kalandraka. As catro estacións, de Vivaldi, é o título de presentación, que sae á luz a coincidir co aniversario do autor, nado o 4 de marzo de 1678. A violinista estadounidense Sarah Chang interpreta a peza co acompañamento da Orpheus Chamber Orchestra. Pola súa banda, o coruñés José Antonio Abad corre cun texto no que amosa o ciclo das estacións nun bosque, acompañado das ilustracións de Emilio Urberuaga, Premio Nacional de Ilustración 2011.

MULTIMEDIA
As catro estacións en Isuu
datos do disco