Ir ao contido directamente.


Noticias

Villanueva abre o seu Zoo para dos

Xénero: Pop | 7 / 2 / 2017

zoo_para_2_villanueva.jpg

Desde o pasado 27 de xaneiro está á venda Zoo para dos, o segundo traballo do vigués Villanueva. Sony Music Spain presenta dez novos temas gravados nos madrileños Reno Estudios. Pop electrónico, melodías coidadas e un importante traballo vocal son as características dun álbum no que predomina un matiz hedonista. Na nómina de colaboradores, nomes como Ramiro Nieto (Zahara) Martí Perarnau (Mucho) Martiño Toro (Iván Ferreiro) Iago Reigosa, Maryan Frutos (Kuve) e Lola García Garrido (Xoel López). O artista volve así ao formato álbum logo dunha exitosa xira de dous anos co que fora o seu primeiro traballo, Viajes de Ida, de 2014. O Costello Club, en Madrid, acollerá o concerto de presentación do álbum.

Pesdelán pon a bailar o Entroido

Xénero: Folk | 6 / 2 / 2017

not_27115.jpg

A agrupación Pesdelán presenta estes días o seu segundo traballo editado, o DVD Entroidanzas . Mantendo o seu obxecto de espectáculo e proxecto didáctico Pesdelán pretende con este traballo achegar os xeitos en que distintas zonas do mundo celebran con música e danza os seus entroidos. Tras unha pesquisa global e un traballo de documentación importante a agrupación seleccionou once temas con músicas e danzas que se puidesen reproducir nos seus espectáculo e sempre cos parámetros de poder ser bailadas por xentes de todas as idades. Italia, Grecia, Colombia, Arxentina, Perú Brasil e Venezuela están representadas nesta compilación de celebracións do carnaval tradicional deses países. Do folclore galego Pesdelán seleccionou dúas pezas: a Mazurca-Valse de Meira (Moaña) e os Folións de Ourense. No DVD, xa a venda en puntos de venda físicos e a través de Internet, Pesdelán amosa cada danza explicando didacticamente o xeito no que se leva a cabo, contando co aparticipación de máis de 50 persoas que tomaron parte nestas gravacións. Para aqueles interesados só na parte musical o grupo tamén pon á venda as pistas en MP3 do DVD a través do correo electrónico. Con este traballo Pesdelán estará presente este ano no Entroido ofrecendo obradoiros e actuacións en vivo, en Lugo e Compostela inicialmente.

A Rede de Música ao Vivo ofertará menos actuacións neste semestre

Xénero: Miscelánea | 1 / 2 / 2017

imaxe non dispoñible

Case un terzo menos actuacións que no pasado ano, 87 fronte a 126, e unha diminución do orzamento (44.600 euros, fronte a 57.034) marcan o programa da Rede Galega de Música ao Vivo para o primeiro semestre deste 2017. A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) presentaba onte este programa, que contará de 84 concertos e tres monólogo e chegará a unha trintena de salas de dezanove localidades do país. Entre os nomes que actuarán no marco desta iniciativa atópanse The Lákazans, que suman seis recitais, Villanueva con cinco e Igloo e Ivy Moon con catro cada un. Canda a eles, poderán verse concertos de Adrián Costa, Aló Djangó, Andhrea & The Black Cats, Banda Crebinsky, Brigada Bravo & Díaz, Clave de Fado, Dakidarría, Eladio y los Seres Queridos, Faltriqueira, Far Away Place, Ith, Maryland, MJ Pérez, Piña, Por Placer, Secho y los Invisibles, Sinestesia, Sonia Lebedynski, Sumrrá, The Llolipops, Tincho Fernán, Tonichi y Pacheco, Tractor Troy, Helena Goch, The Lines e Frankie Chávez. A oferta complétase cos monólogos de Alberte Montes e Padre Merino. A iniciativa desenvólvese en colaboración coa Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo Clubtura.

Luar na Lubre inicia a xira de 30 aniversario con nova vocalista

Xénero: Folk | 31 / 1 / 2017

imaxe non dispoñible

O concerto co que comezou da xira de trinta aniversario de Luar na Lubre, este 28 de xaneiro en Compostela, foi tamén o de despedida de Paula Rey como vocalista logo de seis anos. O conxunto que capitanea Bieiro Romero acaba de anunciar a remuda do cantante. A coruñesa Belém Tajes será a quinta voz no conxunto folk, e estrearase de xeito oficial no concerto que a banda ten previsto para este venres 3 de xaneiro en Almería. Sevilla, Granada, Madrid, Ponferrada e Porto serán as seguintes etapas dun tour que prevé recalar na Coruña a coincidir coas vindeiras festas de María Pita e en Pontevedra o vindeiro mes de xullo. Guanajuato, Miranda de Ebro, Valladolid, Barcelona, Lisboa,Barakaldo, Cáceres, Albacete, Castelló e Logroño son outras paradas xa confirmadas nesta xira. Tajes, especialista en musicoterapia, ten participado en formacións como Voodoo e Sisters in the House, e o pasado ano participou no proxecto de intercambio entre músicos en linguas minorizadas Tosta Cultural Cargo.

Vörtex consolida a súa carreira con Architects of Misfortune

Xénero: Rock | 31 / 1 / 2017

architects_of_misfortune_vortex.jpg

Jacobo Sainz, Víctor García, Marcos Rodríguez e Jonathan Portela, Vörtex, continúan no seu camiño para se facer un oco no mundo da música desde Pontevedra. Dous anos despois do seu debut discográfico, acaban de presentar Architects of Misfortune. O volume recolle doce novos temas de metal alternativo no que mesturan influencias, toques de trash con momentos melódicos, e que ven a luz logo dunha exitosa campaña de crowdfunding. O álgum foi gravado por Iago Pico nos estudios Pousada de Ames.

Primordiais dá a coñecer o seu primeiro álbum

Xénero: Folk | 26 / 1 / 2017

drogueria_moderna_primordiais.jpg

A promoción de Droguería Moderna, o seu primeiro álbum, está a mobilizar o dúo Primordiais. Acaban de subir á rede o vídeo do seu single Por ti moreno e preparan concerto para o vindeiro 18 de febreiro no marco da Rede de Músicas Soltas de Redondela. Luis Martíns e Marcelo DoBode combinan arpa, voz e percusión nunha orixinal reinterpretación da tradición do país con aires improvisados, e toques jazz que denominan "músicas de OrTa" e "musicas en crecemento". O álbum ve a luz da man de Mada Producións

Talésien marca co seu cuarto disco un novo inicio

Xénero: Rock | 25 / 1 / 2017

not_27076.jpg

Pasados catro anos desde o seu anterior LP , El Silencio , a banda de metal Talésien tiña xa temas preparados dabondo para un novo traballo e puxéronse a gravalo mentres iniciaban unha campaña de crowfunding a través da plataforma Verkami para acadar o financiamento necesario para rematar a produción do traballo e afrontar os gastos da súa edición e distribución. A campaña sobre pasou a cantidade consignada e o seu traballo puido ver a luz. Talésien é o traballo da banda, o nome homónimo, pouco habitual para un traballo dunha formación con esta traxectoria responde a unha reafirmación do grupo e o seu estilo e tamén a un novo inicio con forza e ganas renovadas. Aínda que presentado oficialmente o pasado mes de outubro no seu formato físico, non foi ata o pasado decembro cando o disco estivo dispoñible no formato dixital a través de todas as plataformas. Segundo a banda este á o seu disco máis traballado, completo, complexo, técnico e elaborado en el ofrecen un son máis fresco e actual, progresivo e melódico, máis grande e ambicioso. Once temas conforman o disco que se distribúe baixo o selo Suspiria Records, gravado, mesturado e masterizado, por Iago Pico nos estudios Pousada Son de Ames.

O Xº Festival Pórtico do Paraíso reencóntrase con artistas de edicións pasadas

Xénero: Antiga | 24 / 1 / 2017

imaxe non dispoñible

O Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso ven de presentar o programa da súa décima edición que se celebrará entre o 3 e o 12 de marzo. Segundo Juan Enrique Miguens, o director artístico do evento, esta edición propón un festival de reencontros xa que dos sete concertos programados, cinco inclúen músicos que xa pasaron polo Festival anteriormente. O festival de música clásica e antiga o abrirá nesta ocasión un concerto na catedral ourensá o 3 de marzo a cargo da formación británica His Majestys Sagbutts & Cornetts cun repertorio dos séculos XVI e XVII. Ao día seguinte será o santuario de Santa María a Real, en Xunqueira de Ambía, o que acollerá o recital do ensemble vocal checo Gentlemen Singers , único octeto vocal masculino profesional da República Checa. San Pedro de Rocas, Esgos, será outro dos recintos no que o festival terá parada o día 11 con tres recitais a cargo da harpista Brigitte Lesne, lenda da música antiga. No Teatro Principal o dúo Haroni interpretará extractos de obras de Saint-Saëns, Prokófiev, Khachaturian, Elgar, Chopin e improvisacións que servirán de banda sonora á película de Charles Chaplin The Kid (El niño). O Museo Arqueolóxico e Santa María Nai, na capital das Burgas acollerán concertos do festival que rematará a edición o día 12 en Santiago das Caldas co concerto do conxunto vocal The Orlando Consort que estará acompañados do intérprete de táboa Kuljit Bhamra, o cantante paquistaní Sahid Khan e o sitar de Jonathan Mayer.

As guitarras de Daniel Minimalia soan desde Origen

Xénero: Fusión | 24 / 1 / 2017

origen_minimalia.jpg

Logo de dous anos, o ourensán Daniel Minimalia voltou ao estudio discográfico e aproveitou este inverno para presentar Origen. O guitarrista e compositor continúa no seu terceiro álbum coa súa liña habitual de guitarras do máis variado tocadas cun virtuosismo que navega entre estilos. Rock sinfónico, flamenco ou folk mestúranse nos dez corte do álbum que edita Zouma. Temas como Épika, Auira ou Mariposa de menta, para o que contou coa colaboración de Kepa Junquera están xa dispoñibles na canle de Youtube de Minimalia, que ten tamén o seu disco á venda nas principais plataformas dixitais. Logo de comezar a xira de presentación en Madrid o pasado 1 de decembro, o artista anunciou unha pausa nas súas actuacións ao vivo por cuestións de saúde.

O Santi Autor 2017 ofrecerá máis de trinta concertos de canción de autor

Xénero: Cantautor | 23 / 1 / 2017

imaxe non dispoñible

O ciclo de concertos en Compostela dedicado a intérpretes denominados cantautores, o Santiautor, ven de presentar o cartel da súa edición deste ano. O programa ofrecerá en tres meses 32 concertos entre xoves e domingos, case todos na Sala Sónar, impulsora do evento, pero tamén haberá algúns deles que se celebrarán en recintos máis espazosos ou con outras características. Así o Auditorio de Galicia acollerá dous concertos, tres na Sala Capitol e catro deles terán lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela mentres que os restantes 23 serán na Sala Sónar. A segoviana Rebeca Jiménez abrira a edición deste ano o 3 de marzo na sala Sonar e Fredi Leis pechará o ciclo o 20 de maio na Sala Capitol. Entremedias pasarán por algún dos catro escenarios as actuación de xente tan coñecida como Rosana, Javi maneiro, Sonia Lebedynski, Guadi Galego, Javier Ruibal, Rozalén, Xosé Constenla, Rosa Cedrón, Cora Sayers, Ysied ou Helena Goch entre outros.

<< Inicio / Anterior . 1351 a 1360 de 3538 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR