Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Primordiais dá a coñecer o seu primeiro álbum

O DúO PRESENTA DROGUERíA MODERNA O VINDEIRO 18 DE FEBREIRO EN REDONDELA

Primordiais dá a coñecer o seu primeiro álbum

FOLK | xaneiro 26, 2017

drogueria_moderna_primordiais.jpg

A promoción de Droguería Moderna, o seu primeiro álbum, está a mobilizar o dúo Primordiais. Acaban de subir á rede o vídeo do seu single Por ti moreno e preparan concerto para o vindeiro 18 de febreiro no marco da Rede de Músicas Soltas de Redondela. Luis Martíns e Marcelo DoBode combinan arpa, voz e percusión nunha orixinal reinterpretación da tradición do país con aires improvisados, e toques jazz que denominan "músicas de OrTa" e "musicas en crecemento". O álbum ve a luz da man de Mada Producións



datos do disco