Noticias
O festival A Candeloría xa ten cartel completo para a cuarta edición este febreiro
Xénero:
| 23 / 1 / 2017O festival A Candeloria dará o vindeiro 17 de febreiro inicio á tempada de festivais musicais. O evento que se celebrara os días 17 e 18 no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo celebrará a súa cuarta edición reunindo quince banda de rock entre as que hai maioría de propostas galegas pero tamén hai outras que veñen de Italia, Euskadi, Madrid ou Valencia. Á cabeza deste extenso cartel está, os italianos Talco, Soziedad Alkohólika e os valencianos Aspencat. Ruxe-Ruxe, Dakidarría os asturianos Desakato e os vascos Lendakaris Muertos compoñen a segunda liña. Oito bandas máis, ameirande delas galegas completan o programa que tentará reunír máis de catro milleiros de persoas eses días . O bono anticipado por 26 euros para os dous días xa está a venda en tendas físicas e na plataforma dixital entradasatualcance.com.
Fol Música reúne unha representación feminina da nosa música no disco 'Mujer Raíz- Root Woman'
Xénero:
| 20 / 1 / 2017O selo discográfico Fol Música ven de presentar un disco recompilatorio no que fai unha homenaxe ás mulleres da música de raíz. En Mujer Raíz – Root Woman reúnense voces femininas esenciais da música galega actual copando a maioría dos 14 temas do disco, complementadas con outras propostas de mulleres de Brasil ou África , por exemplo. No disco están presentes Mercedes Peón, Guadi Galego, Ugía Pedreira, Uxía, Susana Seivane, Cristina Pato, Rosa Cedrón e Sés. Tamén están como grupo Malvela, Doa e Fuxan os Ventes, estes últimos acompañados de Sabela Rodríguez. O músico ourensán Magín Blanco tamén aparece colaborando en dúas das cancións, nunha delas coa brasileira Luanda Cozzetti. A través dun comunicado o selo di querer comezar así o ano "porque -din- presentimos que vai ser un ano transcendental para os dereitos das mulleres. Van caer moitas barreiras e derrubar muros de prexuízos e inxustizas que aínda existen en todo o mundo. As mulleres van tomar conciencia da súa forza e a súa poder e sen renunciar aos seus valores, á feminidade, a intuición, a compaixón. A empatía e a non violencia, van dar un salto cuántico para lograr a igualdade e ocupar lugares e posicións relevantes en todos os ámbitos políticos e culturais." O álbum está xa dispoñible nas plataformas dixitais.
'Salve discordia' suma e segue como Disco do 2016 de Disco Grande
Xénero:
| 18 / 1 / 2017Cando estamos apiques de facer un ano do lanzamento do, ata o momento, ultimo disco de Triángulo de Amor Bizarro, segue recollendo este mes galardóns. Salve discordia ven de ser elixido como Disco nacional do 2016 a través dunha votación dos oíntes do programa Disco Grande, de Radio 3 de RNE. O programa dirixido por Julio Ruíz é unha referencia da música independente desde hai corenta anos. Os oíntes, a través dun sistema de referendo votaron os seus preferidos e TAB acadou de novo o primeiro posto. A canción que máis soou deles no programa da emisora musical foi "Qué hizo por ella cuando la encontró". O disco de TAB xa foi escollido como disco do ano pola revista Mondosonoro e a semana pasada recibiu o Premio Ruído outorgado polo colectivo Periodistas Asociados de Música. Ante a recente convocatoria dos Premios MIN da música independente o álbum da banda segue postulándose como un dos favoritos.
A Brigada Bravo & Díaz explora as Músicas populares de la Gran Guerra
Xénero:
| 17 / 1 / 2017Despois de visitar os sons da Guerra Civil no seu anterior traballo, o dúo composto por Antonio Bravo e Germán Díaz volve a ollada á Primeira Guerra Mundial no seu novo traballo. Músicas populares de la Gran Guerra é un álbum no que a Brigada Bravo & Díaz reinterpreta once temas desta época rescatados polo fondo de dixitalización de cilindros de cera da Biblioteca da Universidade de California, Santa Bárbara. Zanfona, guitarra e caixas de música únense nun proxecto acústico que mantén o característico son do dúo, con altas doses de improvisación e toques de jazz. O álbum sae publicado da man de Producciones Efímeras, o selo que mantén o zanfonista de Valladolid afincado desde hai anos en Cospeito. Logo de comezar na Arca de Noe, en Vilar de Santos, e de pasar polo Museo Galego da Marioneta, en Lalín, a xira de presentación continúa este día 19 na compostelá Casa das Crechas. O teatro do Ribadeo (20 de xaneiro) e o Clavicémbalo do Lugo (día 21), son as vindeiras citas previstas no noso país.
Chega Está bien, o primeiro LP de Dois
Xénero:
| 16 / 1 / 2017Cunha edición exclusiva de só 50 copias en vinilo con bono para a descarga dixital, Discos de Kirlian e Orphan Records acaban de lanzar Está bien. O trío vigués Dois debuta na longa duración con este traballo, no que achegan doce temas en galego e castelán. As claves pop low-fi e a psicodelia artellan un volume no que Óscar Raña, guitarra e voz, Guillermo Portas ao baixo e José Fran Novoa á batería lle tiran partido a unha formación mínima para crear melodías consistentes e letras alucinadas. O grupo gravou o traballo no estudios Terraforma e fixo a primeira presentación pública en La Iguana Club, de Vigo.
Linda Guilala presenta en Lugo Psiconáutica
Xénero:
| 13 / 1 / 2017O Clavicémbalo de Lugo acolle esta noite o concerto de presentación de Psiconáutica, o segundo álbum da banda viguesa Linda Guilala. Logo de sete anos sen lanzar un LP, o novo traballo achega nada menos de vinte novos temas, máis da metade dos cales duran menos dun minuto. As guitarras e os muros de son manteñen o estilo do grupo na liña do shoegazing con que se deron a coñecer. Logo de que Elefant Records publicase o disco o pasado mes de outubro, o grupo aínda tivo tempo de lanzar o single e vídeo Accidente, no que inclúen unha versión do Sé Girasol de Silvania. O álbum gravouse no Kaiju Estudio de Vigo.
Sae á venda Enxebre, o último disco de Brath
Xénero:
| 12 / 1 / 2017Aínda que levan un anos presentándoo ao vivo, non foi ata este mes de decembro que saíu á venda Enxebre, o último disco de Brath. A veterana banda folk que capitanea Eloi Caldeiro presenta dez novos temas nos que os títulos remiten a elementos da tradición galega (A Santa Compaña, O Trasno, A Bruxa Meiga, As fogueiras de lume novo) que se mesturan con referencias celtas como Druídas, Samhaín, Lughnasadh ou Beltane das fachas. Fiel ao seu estilo, o proxecto continúa unha aposta de folk no que a batería e a percusión teñen unha grande importancia e onde non faltan tampouco guitarras eléctricas. Segundo asegura Caldeiro, o título supón un retorno aos comezos de Brath, que conmemora con este álbum 36 anos de traballo. Enxebre ve a luz nun formato de libro-CD con múltiplos contidos extras e unha edición a toda cor.
Triángulo de Amor Bizarro faise co Premio Ruído
Xénero:
| 11 / 1 / 2017A sala El Sol de Madrid acollía na noite de onte a entrega do Premio Ruído ao Disco do Ano. O colectivo Periodistas Asociados de Música outorgoulle o seu galardón a Salve Discordia, cuarto traballo de Triángulo de Amor Bizarro. Os galegos impuxéronse entre a quincena de traballos finalistas nesta segunda edición dos premios, que á súa vez foron seleccionados a partir de dúas roldas de votacións dun cento de profesionais da comunicación musical. Nos finalistas non faltaban outros nomes do país como Iván Ferreiro e Novidades Carminha. Na gala, ademais dos propios galardoados, actuaron Kokoshca e Aries. O grupo está en plena xira de presentación do seu traballo, con actuacions noso país previstas en Ferrol (18 de febreiro), Vigo (25 de febreiro) e Sarria (11 de marzo, no Esmorga Fest).
Álex Fernández presenta Brisa en Valencia
Xénero:
| 10 / 1 / 2017A discográfica Fresh Sounds publica Brisa o terceiro LP da carreira do batería cangués Iago Fernández. O que xa está considerado un dos mellores baterías de jazz do Estado inclúe nesta ocasión na súa formación a Enrique Oliver, Wilfried Wilde e Reinier Elizarde, aos que se suman Zé Pedro Coelho, Xan Campos e Inês Sousa. Entre todos achegan nove temas novos dos cales son da súa propia autoría. Canda a eles, gravou When I Fall in Love de Victor Young, Conception de George Shearing e Everything I Love de Cole Porter. A sala Jimmy Glass de Valencia será a primeira parada na xira de presentación, na que Fernández se acompaña de Javier Vercher ao saxo, Wilfried Wilde á guitarra, e Demian Cabaud ao contrabaixo.
Pablo Seijas continúa a súa carreira en solitario Debajo del aire
Xénero:
| 9 / 1 / 2017Co final de 2016 viu a luz o segundo traballo en solitario de Pablo Seijas. O cantante de Misterioso Viaje Holanda aposta de novo pola autoedición para presentar Debajo del aire, dez temas nos que os sons indie folk do autor acusas influencias da música de autor hispana, cun peso importante das letras. O predominio de sons acústicos en temas comos o que dá título ao traballo alternan con apostas máis eléctricas e un continuo coidado ao detalle. Seijas conta para esta aventura co seu irmán Adrián e a colaboración de Adri MT e Javier Vaamonde. O álbum gravouse nos estudios Bruar da Coruña entre 2015 e 2016