Sae á venda Enxebre, o último disco de Brath
xaneiro 12, 2017
Aínda que levan un anos presentándoo ao vivo, non foi ata este mes de decembro que saíu á venda Enxebre, o último disco de Brath. A veterana banda folk que capitanea Eloi Caldeiro presenta dez novos temas nos que os títulos remiten a elementos da tradición galega (A Santa Compaña, O Trasno, A Bruxa Meiga, As fogueiras de lume novo) que se mesturan con referencias celtas como Druídas, Samhaín, Lughnasadh ou Beltane das fachas. Fiel ao seu estilo, o proxecto continúa unha aposta de folk no que a batería e a percusión teñen unha grande importancia e onde non faltan tampouco guitarras eléctricas. Segundo asegura Caldeiro, o título supón un retorno aos comezos de Brath, que conmemora con este álbum 36 anos de traballo. Enxebre ve a luz nun formato de libro-CD con múltiplos contidos extras e unha edición a toda cor.
Tamén che pode interesar:
- 17/ 12/ 2013 | Brath fusiona folk e flamenco en Codex
- 21/ 5/ 2006 | Brath celebra as súas vodas de prata cun novo disco e anuncia outro para o outono
- 12/ 5/ 2004 | Brath, Luar na Lubre e Norfolk presentan os seus traballos musicais
- 15/ 4/ 2002 | Unha nova discográfica e un novo lanzamento no panorama folk
- 14/ 12/ 2000 | Brath e Fía na Roca presentan en Lugo e Santiago e os seus novos traballos