Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / 'Salve discordia' suma e segue como Disco do 2016 de Disco Grande

OS OíNTES DO PROGRAMA DE RADIO 3 ELIXEN O DISCO DE TRIáNGULO DE AMOR BIZARRO

'Salve discordia' suma e segue como Disco do 2016 de Disco Grande

INDIE | xaneiro 18, 2017

imaxe non dispoñible

Cando estamos apiques de facer un ano do lanzamento do, ata o momento, ultimo disco de Triángulo de Amor Bizarro, segue recollendo este mes galardóns. Salve discordia ven de ser elixido como Disco nacional do 2016 a través dunha votación dos oíntes do programa Disco Grande, de Radio 3 de RNE. O programa dirixido por Julio Ruíz é unha referencia da música independente desde hai corenta anos. Os oíntes, a través dun sistema de referendo votaron os seus preferidos e TAB acadou de novo o primeiro posto. A canción que máis soou deles no programa da emisora musical foi "Qué hizo por ella cuando la encontró". O disco de TAB xa foi escollido como disco do ano pola revista Mondosonoro e a semana pasada recibiu o Premio Ruído outorgado polo colectivo Periodistas Asociados de Música. Ante a recente convocatoria dos Premios MIN da música independente o álbum da banda segue postulándose como un dos favoritos.