Chega Está bien, o primeiro LP de Dois
xaneiro 16, 2017
Cunha edición exclusiva de só 50 copias en vinilo con bono para a descarga dixital, Discos de Kirlian e Orphan Records acaban de lanzar Está bien. O trío vigués Dois debuta na longa duración con este traballo, no que achegan doce temas en galego e castelán. As claves pop low-fi e a psicodelia artellan un volume no que Óscar Raña, guitarra e voz, Guillermo Portas ao baixo e José Fran Novoa á batería lle tiran partido a unha formación mínima para crear melodías consistentes e letras alucinadas. O grupo gravou o traballo no estudios Terraforma e fixo a primeira presentación pública en La Iguana Club, de Vigo.