Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Santi Autor 2017 ofrecerá máis de trinta concertos de canción de autor

DURANTE TRES MESES HABERá CONCERTOS NOS QUE ESTARáN ARTISTAS GALEGAS COMO GUADI GALEGO, SONIA LEBEDYNSKI, ROSA CEDRóN OU JAVI MANEIRO

O Santi Autor 2017 ofrecerá máis de trinta concertos de canción de autor

CANTAUTOR | xaneiro 23, 2017

imaxe non dispoñible

O ciclo de concertos en Compostela dedicado a intérpretes denominados cantautores, o Santiautor, ven de presentar o cartel da súa edición deste ano. O programa ofrecerá en tres meses 32 concertos entre xoves e domingos, case todos na Sala Sónar, impulsora do evento, pero tamén haberá algúns deles que se celebrarán en recintos máis espazosos ou con outras características. Así o Auditorio de Galicia acollerá dous concertos, tres na Sala Capitol e catro deles terán lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela mentres que os restantes 23 serán na Sala Sónar. A segoviana Rebeca Jiménez abrira a edición deste ano o 3 de marzo na sala Sonar e Fredi Leis pechará o ciclo o 20 de maio na Sala Capitol. Entremedias pasarán por algún dos catro escenarios as actuación de xente tan coñecida como Rosana, Javi maneiro, Sonia Lebedynski, Guadi Galego, Javier Ruibal, Rozalén, Xosé Constenla, Rosa Cedrón, Cora Sayers, Ysied ou Helena Goch entre outros.

Ligazóns