Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Xº Festival Pórtico do Paraíso reencóntrase con artistas de edicións pasadas
O Xº Festival Pórtico do Paraíso reencóntrase con artistas de edicións pasadas
xaneiro 24, 2017
O Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso ven de presentar o programa da súa décima edición que se celebrará entre o 3 e o 12 de marzo. Segundo Juan Enrique Miguens, o director artístico do evento, esta edición propón un festival de reencontros xa que dos sete concertos programados, cinco inclúen músicos que xa pasaron polo Festival anteriormente. O festival de música clásica e antiga o abrirá nesta ocasión un concerto na catedral ourensá o 3 de marzo a cargo da formación británica His Majestys Sagbutts & Cornetts cun repertorio dos séculos XVI e XVII. Ao día seguinte será o santuario de Santa María a Real, en Xunqueira de Ambía, o que acollerá o recital do ensemble vocal checo Gentlemen Singers , único octeto vocal masculino profesional da República Checa. San Pedro de Rocas, Esgos, será outro dos recintos no que o festival terá parada o día 11 con tres recitais a cargo da harpista Brigitte Lesne, lenda da música antiga. No Teatro Principal o dúo Haroni interpretará extractos de obras de Saint-Saëns, Prokófiev, Khachaturian, Elgar, Chopin e improvisacións que servirán de banda sonora á película de Charles Chaplin The Kid (El niño). O Museo Arqueolóxico e Santa María Nai, na capital das Burgas acollerán concertos do festival que rematará a edición o día 12 en Santiago das Caldas co concerto do conxunto vocal The Orlando Consort que estará acompañados do intérprete de táboa Kuljit Bhamra, o cantante paquistaní Sahid Khan e o sitar de Jonathan Mayer.
Tamén che pode interesar:
- 20/ 4/ 2022 | O festival Pórtico do Paraíso volve apostar pola excelencia internacional
- 2/ 2/ 2016 | O Festival Pórtico do Paraíso transcende Ourense
- 19/ 2/ 2015 | O festival Pórtico do Paraíso medra ata os oito concertos
- 19/ 2/ 2014 | Ourense acollerá a VII edición do Festival Pórtico do Paraíso
- 6/ 2/ 2009 | Concertos e conferencias protagonizan o festival Pórtico de Paraíso