Villanueva abre o seu Zoo para dos
febreiro 7, 2017
Desde o pasado 27 de xaneiro está á venda Zoo para dos, o segundo traballo do vigués Villanueva. Sony Music Spain presenta dez novos temas gravados nos madrileños Reno Estudios. Pop electrónico, melodías coidadas e un importante traballo vocal son as características dun álbum no que predomina un matiz hedonista. Na nómina de colaboradores, nomes como Ramiro Nieto (Zahara) Martí Perarnau (Mucho) Martiño Toro (Iván Ferreiro) Iago Reigosa, Maryan Frutos (Kuve) e Lola García Garrido (Xoel López). O artista volve así ao formato álbum logo dunha exitosa xira de dous anos co que fora o seu primeiro traballo, Viajes de Ida, de 2014. O Costello Club, en Madrid, acollerá o concerto de presentación do álbum.