Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Indie
Música Indie
Ø4. el conjunto vacío é o novo traballo de Igloo
Xénero:
| 5 / 6 / 2013Bases rítmicas máis potentes e un son que, segundo a discográfica, recupera o estilo de La transición de fase marcan Ø4. el conjunto vacío, o último traballo de Igloo. O cuarto disco da banda achega once temas de indie-pop no que as letras de Beni Ferreiro manteñen a identidade do grupo, que estrea formación para este lanzamento. O traballo gravouse en El laboratorio criogénico, Caldas de Reis, e mesturouse en Planta Sonica2, en Vigo. Ø4. el conjunto vacío preséntase como un traballo dividido en dous disco dos cales este sería o primeiro e haberá que agardar ata o 2014 para o segundo. A sala Mardigrass da Coruña abre a xira de presentación deste traballo o vindeiro 14 de xuño, que seguirá pola sala Karma de Pontevedra o 21 e pola viguesa La fábrica de chocolate o 22.
Triángulo de Amor Bizarro presenta hoxe Victoria Mística
Xénero:
| 25 / 4 / 2013Un concerto na compostelá Sala Capitol servirá de presentación esta noite a Victoria Mística, o agardado terceiro álbum de Triángulo de Amor Bizarro. Aínda pendente de chegar ás tendas, o grupo deu a coñecer xa o primeiro single do novo traballo, Estrellas místicas, que foi recibido con entusiasmo pola crítica. O álbum sairá á luz da man de Mushroom Pillow e foi gravado na Coruña por Roberto Mallo e con mesturas de Manny Neto. A xira do grupo continuará por Madrid (27 de abril), Donosti (30) e A Coruña (4 de maio).
Disco Las Palmeras! lanza Ultra
Xénero:
| 11 / 4 / 2013A discográfica Matapadre acaba de lanzar ao mercado Ultra o segundo CD de Disco Las Palmeras! Once temas cheos de potentes guitarras nos que o grupo desenvolve as súas letras e mantén o característico son sen baixo. Diego Castro é o único membro da formación orixinal que se mantén, acompañado agora por José Castro e Julián Goicoa. Gravado nos Estudios Planta Sónica de Vigo, o volume foi masterizado nos Avatar Studios de Nova York. O grupo anunciou que para a vindeira semana colgarán o disco íntegro na rede. Mentres, Disco Las Palmeras! darán un concerto esta mesma noite na Zona C de Santiago canda a Telephones Rouges como parte do ciclo Compostela Rock.
Nouvelle Cuisine lanza Mientras tanto (Colección otoño/invierno)
Xénero:
| 15 / 1 / 2013Mientras tanto (Colección otoño/invierno) é o título do EP que acaba de presentar o grupo coruñés Nouvelle Cuisine. O disco, autoetidato, recolle seis temas na liña de pop electrónico do grupo. O proxecto gravouse en ad hoc (local sinfónico) e masterizouse en nexo 101 studio. Para alén da edición física pode escoitarse de xeito íntegro no web Bandcamp. O grupo presentou o esta traballo cun concerto na sala Mardi Gras o pasado 29 de decembro, sen que teñan anunciado polo momento novas datas.
Franc3s lanza Campanas de fuego rosa
Xénero:
| 28 / 12 / 2012Cunha dupla edición de vinilo con CD e CD, Franc3s lanza ao mercado o seu segundo álbum. Campanas de fuego rosa presente once temas nos que o grupo mantén a súa liña de garage/post punk escuro e denso. O álbum, editado por Limbo Starr está dispoñible de xeito íntegro para a súa escoita en Bandcamp e en plataformas como Spotify e iTunes. O grupo presentará este traballo mañá sábado cun concerto na compostelá Sala Moon a partir das 22 horas.
O Festival do Norte ameaza con deixar Vilagarcía
Xénero:
| 30 / 11 / 2012O Concello de Vilagarcía non incluíu este ano o Festival do Norte na súa lista de subvencións directas. Segundo o concelleiro de Cultura, Francisco González, a intencion do consistorio é coñecer polo miúdo os proxectos da organización do evento antes de consignar unha contía concreta, no lugar de outorgarlle unha subvención previa fechada e nominativa. Os responsables do evento, unha das citas musicais de referencia do verán galego, anunciaron que de perderen o apoio económico do concello, trasladarían o festival. O evento xa víu diminuír en preto dun 50% a achega municipal na súa última edición.
Matapadre editará UNO, o primeiro disco de Lendrone
Xénero:
| 22 / 8 / 2012A arriscada mestura de rock, electrónica e posthardcore da banda coruñesa Lendrone editarase a finais outubro. Así o acaba de indicar Matapadre que confirma que ese primeiro disco chamarase UNO. Ademais, este mesmo selo tamén será o responsable dun novo LP da formación grovense Telephones Rouges. Este LP, en colaboración con Mama Vynila Records, sairá o vindeiro outuno.
O Grove recupera o Centolo Rock como actividade paralela á Festa do Marisco
Xénero:
| 16 / 9 / 2011Foi no 2002 cando se celebrou a última edición do Centolo Rock, que se suprimiu para instaurar a “Gala do Marisco”. Sen embargo este ano, o concello do Grove decidiu recuperar esa cita como “antesala sonora”, segundo declaran no seu propio web, á Festa do Marisco e buscando enganchar a un público máis novo. Igloo, Maryland e CatPeople son tres grupos moi populares da música indie, con fondas raíces galegas e tamén o prato forte dun certame que se desenvolverá nun único día: o vindeiro 24 de setembro. A cita é de balde a partir das 23:00 horas na praza do Corgo.
Triángulo de Amor Bizarro acapara os Premios da Música Independente
Xénero:
| 21 / 6 / 2011As nove candidaturas coas que Triángulo de Amor Bizarro chegaba á gala dos III Premios da Música Independente xa permitían sentenciar que a súa proposta musical era todo un éxito antes da entrega de premios e as votacións confirmaron esa sentencia. Mellores artistas de 2011, mellor álbum, mellor álbum de rock e mellor directo foron as catro categorías nas que TAB conseguiron levarse os premios convocados pola Unión Fonográfica Independente. O seu disco Año Santo (Mushroom Pillow, 2010) xa foi anteriormente gabado pola gran maioría dos críticos da música independente e saía destacado en todas as listas do 2010. O grupo actuou en directo durante a gala dos premios celebrada onte na Casa de América de Madrid. Cabe destacar tamén no palmarés dos premios a presenza de Abe Rábade recoñecido co premio ao mellor álbum de jazz polo seu disco Zigurat. O premios decidíronse por votación popular previa selección dos finalistas por un xurado profesional.
A coruñesa Jane Joyd gaña o Proyecto Demo
Xénero:
| 13 / 5 / 2011Jane Joyd, o proxecto musical da coruñesa Elba Fernández, impúxose no certame Proyecto Demo 2011, que convoca RTVE e Radio 3. Cunha actuación onte canda a outros dous finalistas nos estudios de Radio Nacional de España, Fernández impúxose co seu proxecto, que superou os 644 participantes no premio. Agora, a coruñesa iniciará unha xira que arrinca no festival PlanetaMadrid e que a levará a participar no Festival Internacional de Benicassim.
REPORTAXE
Conectad@s coa música
Data.O selo discográfico galego Falcatruada avanza cara á súa internacionalización grazas ás novas posibilidades de internet