Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Ø4. el conjunto vacío é o novo traballo de Igloo

A SALA MARDIGRASS DA CORUñA ACOLLERá A PRESENTACION DO DISCO O VINDEIRO 14 DE XUñO

Ø4. el conjunto vacío é o novo traballo de Igloo

INDIE | xuño 5, 2013

igloo_conjunto_vacio.jpg

Bases rítmicas máis potentes e un son que, segundo a discográfica, recupera o estilo de La transición de fase marcan Ø4. el conjunto vacío, o último traballo de Igloo. O cuarto disco da banda achega once temas de indie-pop no que as letras de Beni Ferreiro manteñen a identidade do grupo, que estrea formación para este lanzamento. O traballo gravouse en El laboratorio criogénico, Caldas de Reis, e mesturouse en Planta Sonica2, en Vigo. Ø4. el conjunto vacío preséntase como un traballo dividido en dous disco dos cales este sería o primeiro e haberá que agardar ata o 2014 para o segundo. A sala Mardigrass da Coruña abre a xira de presentación deste traballo o vindeiro 14 de xuño, que seguirá pola sala Karma de Pontevedra o 21 e pola viguesa La fábrica de chocolate o 22.

MULTIMEDIA
Ø4.el conjunto vacío en Soundcloud
datos do disco