Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Triángulo de Amor Bizarro acapara os Premios da Música Independente

O PREMIO AO MELLOR áLBUM DE JAZZ FOI PARA ABE RáBADE POR ZIGURAT

Triángulo de Amor Bizarro acapara os Premios da Música Independente

INDIE | xuño 21, 2011

not_17141.jpg

As nove candidaturas coas que Triángulo de Amor Bizarro chegaba á gala dos III Premios da Música Independente xa permitían sentenciar que a súa proposta musical era todo un éxito antes da entrega de premios e as votacións confirmaron esa sentencia. Mellores artistas de 2011, mellor álbum, mellor álbum de rock e mellor directo foron as catro categorías nas que TAB conseguiron levarse os premios convocados pola Unión Fonográfica Independente. O seu disco Año Santo (Mushroom Pillow, 2010) xa foi anteriormente gabado pola gran maioría dos críticos da música independente e saía destacado en todas as listas do 2010. O grupo actuou en directo durante a gala dos premios celebrada onte na Casa de América de Madrid. Cabe destacar tamén no palmarés dos premios a presenza de Abe Rábade recoñecido co premio ao mellor álbum de jazz polo seu disco Zigurat. O premios decidíronse por votación popular previa selección dos finalistas por un xurado profesional.

MULTIMEDIA
Triángulo de Amor Bizarro - De la monarquía a la criptocracia