IMPúXOSE NO CERTAME DE RADIO 3 E RTVE ENTRE 644 PARTICIPANTES
A coruñesa Jane Joyd gaña o Proyecto Demo
maio 13, 2011
Jane Joyd, o proxecto musical da coruñesa Elba Fernández, impúxose no certame Proyecto Demo 2011, que convoca RTVE e Radio 3. Cunha actuación onte canda a outros dous finalistas nos estudios de Radio Nacional de España, Fernández impúxose co seu proxecto, que superou os 644 participantes no premio. Agora, a coruñesa iniciará unha xira que arrinca no festival PlanetaMadrid e que a levará a participar no Festival Internacional de Benicassim.