Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Triángulo de Amor Bizarro presenta hoxe Victoria Mística

A COMPOSTELá SALA CAPITOL ACOLLE ESTA NOITE A ESTREA DO SEU TERCEIRO áLBUM

Triángulo de Amor Bizarro presenta hoxe Victoria Mística

INDIE | abril 25, 2013

victoria-mistica-triangulo-amor-bizarro.jpg

Un concerto na compostelá Sala Capitol servirá de presentación esta noite a Victoria Mística, o agardado terceiro álbum de Triángulo de Amor Bizarro. Aínda pendente de chegar ás tendas, o grupo deu a coñecer xa o primeiro single do novo traballo, Estrellas místicas, que foi recibido con entusiasmo pola crítica. O álbum sairá á luz da man de Mushroom Pillow e foi gravado na Coruña por Roberto Mallo e con mesturas de Manny Neto. A xira do grupo continuará por Madrid (27 de abril), Donosti (30) e A Coruña (4 de maio).

MULTIMEDIA
Estrellas místicas de Triángulo de Amor Bizarro
datos do disco