Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Indie
Música Indie
Triángulo de Amor Bizarro aspira a 5 dos Premios da Música Independente
Xénero:
| 22 / 5 / 2014Ata o vindeiro 5 de xuño están aberta as votacións populares da sexta edición dos Premios da Música Independente. Na mesma, Triángulo de Amor Bizarro supón a principal presenza de grupos galegos, con candiaturas a mellor artista, mellor directo, mellor artista Radio 3, álbum do ano (Victoria Mística) e canción do ano por Estrellas místicas. Nas categorías absolutas unicamente Manuel H. Portolés, de Niño y Pistola aspira ao galardón ao mellor videoclip por By the Grace of God.
The Horrors e Lori Meyers encabezan o cartel do Festival do Norte
Xénero:
| 15 / 4 / 2014Chegan as primeiras confirmacións do Festival do Norte. Aínda sen ter fechado totalmente o seu cartel, o evento que se celebrará entre o 3 e o 5 de xullo na Illa de Arousa encabezará as súas actuacións con The Horrors, Lori Meyers, The Pains of Being Pure at Heart, Veronica Falls, Russian Red, The Wave Pictures, Austra, Satellite, Stories, e El Último Vecino. As entradas para esta edición poranse á venda a partir do vindeiro 24 de maio
Nacho Mora completa o financiamento para Entre as zocas e os lóstregos
Xénero:
| 15 / 4 / 2014A falta de varios días para rematar o proceso de crowdfunding na plataforma My Major Company, Nacho Mora, antigo membro de Elephant Band ou Meu completou xa os fondos que reclamaba para lanzar o seu primeiro traballo en solitario. Entre as zocas e os lóstregos, gravado en Lloria Estudio, Xixón, con produción de Xel Pereda achega 11 versións musicadas doutros tantos poemas de autores galegos. Letras de Pondal, Celso Emilio, Ana Romaní, Baldo Ramos, Miro Villar, Ramón Cabanillas, Estíbaliz Espinosa, Álvaro Cunqueiro ou Uxío Novoneyra atópanse co son indie do músico que pretende leva a nosa lingua alén do ámbito do folk.
Abre en Ourense o café cultural El Pueblo
Xénero:
| 4 / 4 / 2014Da man do colectivo Discos Porno, mañá abre as súas portas en Ourense o café cultural El Pueblo. Coa intención de dinamizar a escena local con concertos, exposicións, o proxecto inaugúrase cun triple concerto gratuíto. Uzumaki, KRKT e Siesta! son os protagonistas da inauguración, nunha axenda que adianta xa as actuacións de Pingüino o día 10 e de Cró! e de Monotonus o vindeiro 19
Triángulo de Amor Bizarro tamén triunfa en México
Xénero:
| 3 / 4 / 2014A Unión Fonográfica Independente, organización que integra os selos discográficos indies do estado español, outorgoulle o seu premio ao grupo galego Triángulo de Amor Bizarro. O galardón fai parte dos premios Indie-O-Music Awards que celebraron a súa gala o pasado 1 de abril na capital mexicana e recoñece o mellor traballo editado por unha discográfica española. Victoria mística, último traballo da banda, competía nesta categoria con bandas como Dorian, Guadalupe Plata, Joe Crepúsculo e Oso Leone.
PortAmérica madruga coas primeiras confirmacións de cartel
Xénero:
| 19 / 12 / 2013O Festival PortAmérica, que en 2013 se consolidou como unha das citas musicais de referencia do verán congregando a cerca de 19.000 persoas en Nigrán, volve en 2014 xuntando por terceira vez música, emprendemento, alta cocina galega e ocio. Máis de 20 artistas conformarán o cartel de PortAmérica 2014, no que os primeiros confirmados que pasarán por Porto do Molle (Nigrán) os días 17, 18 e 19 de xullo son: Triángulo de Amor Bizarro, El Columpio Asesino, Eme Dj, León Benavente, Meneo, Nikki Hill, Niños Mutantes, Sidonie e Systema Solar. Os abonos de lanzamento xa están á venda ata o 7 de xaneiro en Ticketea a un prezo de 35 € máis gastos de distribución.
Maryland pasa Los años muertos
Xénero:
| 28 / 10 / 2013Da man de Ernie Records, os vigueses Maryland presentan o seu terceiro traballo. Los años muertos achega trece temas nos que a banda combina a potencia das guitarras con letras emotivas que afondan na súa liña de indie-pop. Gravado nos estudios Ultramarinos de Sant Feliú de Guíxols, o novo traballo supón a incorporación de Alex Penido á batería e o cambio do grupo ao castelán como idioma das letras. O disco está xa dispoñible na rede e sairá á venda en CD o vindeiro 5 de novembro. O traballo presentarase ao vivo o vindeiro 15 de novembro nos Directos de Radio3 e mais na madrileña Sala el Sol. O día 23 o grupo visitará a Madrigras da Coruña e o día 30 serán recibidos na Fábrica de Chocolate de Vigo.
As despedidas de David Quinzán
Xénero:
| 27 / 9 / 2013El vino de las despedidas é o título do primeiro disco de David Quinzán. O baixista coruñés debuta con nove temas de carácter íntimo e aires indies gravados e producidos por Xoel López, quen tamén achega voces e toca no volume. Quinzán xa amosara o seu traballo nos EPs Cetáceos e El Aullador e lanza agora un álbum que está tamén dispoñible na rede. A xira de presentación comezará o vindeiro 3 de novembro no Picnic Bar de Madrid e continuará por Vigo o día 29 do mesmo mes en La Casa de Arriba, chegará ao Ultramarinos de Compostela o 5 de decembro e desembarcará na Coruña o 10 de xaneiro na Mardi Gras.
Trampoline: o indie-folk vigués
Xénero:
| 24 / 9 / 2013Os vigueses Trampoline acaban de presentar o seu primeiro traballo, Motivations. David Tizón, Marcos Rivera e Iago Fernández achegan catorce temas nos que se apropian do son indie-folk de bandas americanas contemporáneas a incorporar instrumentos com o baixo e cunha decidida base acústica. Gravado da man de Bruno Murmura e autoeditado, o disco está dispoñible en SoundCloud e en formato físico. A banda está actualmente a realizar a xira de presentación do traballo, que xa pasou polo Iguana Club de Vigo e mais pola compostelá Casa das Crechas.
Nouvelle Cuisine lanza a segunda parte de Mientras tanto
Xénero:
| 19 / 7 / 2013Tal e como prometeran, Nouvelle Cuisine acaba de sacar a luz a segunda parte do seu disco Mientras tanto. Co epígrafe Colección primavera/verano, o grupo coruñés lanza seis novos temas que completan os que presentara en Mientras tanto (Colección otoño/invierno) o pasado inverno. O álbum foi gravado nos en ad hoc e masterizado nos estudios Nexo 101. O grupo aproveitou o Festival Microscópico da Coruña para dar a coñecer os temas do novo traballo o pasado doce de xullo e continúa agora a xira de presentación.
REPORTAXE
Conectad@s coa música
Data.O selo discográfico galego Falcatruada avanza cara á súa internacionalización grazas ás novas posibilidades de internet