Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Trampoline: o indie-folk vigués

O GRUPO ESTá A PRESENTAR MOTIVATIONS, O SEU PRIMEIRO DISCO

Trampoline: o indie-folk vigués

INDIE | setembro 24, 2013

trampoline_motivations.jpg

Os vigueses Trampoline acaban de presentar o seu primeiro traballo, Motivations. David Tizón, Marcos Rivera e Iago Fernández achegan catorce temas nos que se apropian do son indie-folk de bandas americanas contemporáneas a incorporar instrumentos com o baixo e cunha decidida base acústica. Gravado da man de Bruno Murmura e autoeditado, o disco está dispoñible en SoundCloud e en formato físico. A banda está actualmente a realizar a xira de presentación do traballo, que xa pasou polo Iguana Club de Vigo e mais pola compostelá Casa das Crechas.

MULTIMEDIA
Motivations en Bandcamp
datos do disco