Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Nacho Mora completa o financiamento para Entre as zocas e os lóstregos

O DISCO VERSIONA ONCE POEMAS DE AUTORES GALEGOS E ENTRA EN FASE DE FABRICACIóN

Nacho Mora completa o financiamento para Entre as zocas e os lóstregos

INDIE | abril 15, 2014

entre_zocas_lostregos_nacho_mora.jpg

A falta de varios días para rematar o proceso de crowdfunding na plataforma My Major Company, Nacho Mora, antigo membro de Elephant Band ou Meu completou xa os fondos que reclamaba para lanzar o seu primeiro traballo en solitario. Entre as zocas e os lóstregos, gravado en Lloria Estudio, Xixón, con produción de Xel Pereda achega 11 versións musicadas doutros tantos poemas de autores galegos. Letras de Pondal, Celso Emilio, Ana Romaní, Baldo Ramos, Miro Villar, Ramón Cabanillas, Estíbaliz Espinosa, Álvaro Cunqueiro ou Uxío Novoneyra atópanse co son indie do músico que pretende leva a nosa lingua alén do ámbito do folk.

O volume, autoeditado, conta coa colaboración de músicos como Luis Rodríguez, Abraham Boba ou Manuel Molina, e está previsto que vexa a luz en formato físico, con versións en CD e LP, nun prazo de dous meses.

MULTIMEDIA
Noivado IV de Cunqueiro por Nacho Mora
MULTIMEDIA
Illas Lobeiras de Miro Villar por Nacho Mora
datos do disco