Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Indie
Música Indie
Chega Salve Discordia, o agardardo retorno de Triángulo de Amor Bizarro
Xénero:
| 28 / 1 / 2016Cun certo atraso sobre a data inicialmente prevista, finalmente é este 29 de xaneiro que ve a luz Salve Discordia. Triángulo de Amor bizarro presenta un cuarto LP no que a banda explora novos territorios, a tocar as cancións máis rápidas do seu repertorio e a evidenciar influencias que os afastan do indie máis canónico e presentan matices máis industriais. O álbum gravouse a medias entre o madrileño Estudio Uno e Planta Sónica de Vigo e desenvolveuse nunha pausa de varios meses entre xiras, o que lle permitiu ao cuarteto experimentar con novos recursos e traballar máis os temas, segundo aseguran. Mushroom Pillow é a discográfica responsable do lanzamento, do que se presentaron tres temas como adianto.
Emilio José volta con Agricultura livre
Xénero:
| 10 / 11 / 2015Anos despois daquel Chorando apréndese que o situou na primeira liña do pop experimental a nivel estatal, Emilio José retorna. Desta volta, presenta nada menos que un triple CD, do cal xa está dispoñible na rede o primeiro volume, e que leva o título de Agricultura livre. Gravado en solitario na súa casa de Quins, Ourense, o novo álbum mantén a ecléctica mestura de estilos e o compromiso ideolóxico do autor, sempre cun envoltorio pop de grande orixinalidade. O álbum será oficialmente publicado o vindeiro 23 de novembro pola discográfica Foehn.
O WOSINC retorna a Compostela
Xénero:
| 28 / 8 / 2015Corenta propostas musicais chegadas de 15 países conforman o eixe da segunda edición do festival WOSINC, que retorna a Compostela entre os vindeiros 11 e 15 de setembro. O encontro acaba de fechar o seu cartel, que inclúe nomes como Michael Rother, Girl Band, Mdou Moctar, Noveller, No Joy Pye Corner Audio canda a propostas galegas como Cró!, Pálida, Sara Fontán, The Vog, Bluemouse e Mario González. Ao igual que no pasado ano, a cita inclúe tamén programación audiovisual, coa estreaen Compostela dos filmes Los hongos e, en colaboración con Curtocircuíto, da produción tuareg Akounak Tedalat Taha Tazoughai e mais dunha noite de curtas.
Igloo adianta temas do seu igløø2
Xénero:
| 13 / 4 / 2015igløø2 é o título do novo álbum que Igloo porá á venda, da man de Ernie Producións, a partir do vindeiro 21 de abril. Como aperitivo, adiantou xa dous dos doce temas do álbum, La Reina Ourensana e El bello verano. Canda a estes, a banda retoma versións acústicas e remixes de temas de anteriores traballos como son Ausencia parcial, Han Solo, Sin Mentiras e Todo. Ademais, tamén achegan unha versión de Sugar baby love, de The Rubettes. O álbum gravouse entre os estudios Cruz da Coruña e os sevillanos El Laboratorio Criogénico.
Disco Las Palmeras! ameaza con Asfixia
Xénero:
| 10 / 4 / 2015O terceiro traballo de Disco Las Palmeras!, Asfixia, está xa dispoñible en formato dixital e ten aberto o prazo de reserva para a súa edición en vinilo. Dez temas de indie potente e guitarreiro no que as voces adquiren máis protagonismo, acompañadas de sintetizadores ou chelos e onde predominan os sentimentos sombrizos e a raiba nas letras e na música. O proxecto, gravado no madrileño Studio B, poderá coñecerse ao vivo no noso país o vindeiro 22 de maio coa actuación do grupo na Zona C de Compostela, o 23 no Playa Club da Coruña e o 6 de xuño no Clavicémbalo de Lugo.
Niño y Pistola despídense con Bye Kid
Xénero:
| 24 / 3 / 2015"Os tempos mudan, facémonos maiores e os nosos compromisos vitais marcan unha serie de camiños que non podemos atallar". Así explican Niño y Pistola no seu web a decisión de se disolver logo de dez anos de actividade. "Poderiamos facer un par de remendos, pór uns parches para facer que a banda siga un par de anos, pero sería como nos enchufar a un respirador, e realmente parécenos unha solución ridícula". A banda despídese pero faino cun último lanzamento. O EP «Bye Kid», será un disco en vinilo de edición limitada de 320 copias numeradas que publica Ernie Récords o vindeiro 5 de maio e que xa se pode adquirir en prevenda. O primeiro single do proxecto, «Red leaf», está xa dispoñible en Spotify.
Happy Lonely People marca o retorno de Escuchando Elefantes
Xénero:
| 11 / 11 / 2014Dezasete novos temas en inglés nos que manteñen a súa liña indie-folk. O dúo coruñés formado por Escuchando Elefantes retorna dous anos despois do seu primeiro traballo con Happy Lonely People. O álbum autoeditado gravouse entre España, Irlanda, Estados Unidos e o Reino Unido, e presentouse ao público o pasado 15 de outubro cun concerto no Teatro Colón da Coruña. O auditorio Afundación de Vigo acolle o segundo concerto de presentación e dará paso a unha xira que ten datas previstas en España e Irlanda. O videoclip do primeiro single deste novo traballo, Garden's Road, que dirixiron Juan Galiñanes e Olga Osorio foi xa seleccionado para vinte festivais internacionais.
Sensacional debuta co disco Relatos e invenciones de hoy
Xénero:
| 6 / 11 / 2014Doce temas encadrados no pop-rock indie compoñen Relatos e invenciones de hoy, o disco de debut da banda coruñesa Sensacional. Letras coidadas que falan da vida cotiá pasada por un filtro pop e unha grande presenza de guitarras son os sinais de identidade da banda. Ricardo Saavedra (voz e guitarra), Ramón Alonso (guitarra e coros), Alejandro González (hammond, rhodes e sintetizadores), Javi Garrido (baixo) e Alberto Dopico (batería)compoñen este proxecto, nado hai un ano e que presenta agora o álbum baixo o selo La Fiambrera. A sala Mardi Gras da Coruña acolle este venres 7 de novembro o concerto de presentación no marco do ciclo Son Estrella Galicia.
O ukelele fai a unión
Xénero:
| 16 / 10 / 2014Deseño, música, videoclips... e ukeleles. Implicar a dez deseñadores, dez solistas e conxuntos de música e dez produtoras audiovisuais arredor dun instrumento é a ambiciosa proposta que desenvolveu a tenda O Gato Cósmico co seu Ukelele Kit Project. O resultado desta iniciativa pode verse este mes cunha exposición na Zona C de Compostela.
Eladio y los seres queridos chaman á orde
Xénero:
| 16 / 10 / 2014Desde o pasado martes está dispoñible nas tendas o terceiro disco de Eladio y los seres queridos. Orden invisible achega doce novos temas que seguen a liña de pop indie. Editado por Esmerarte, o traballo foi gravado en xuño nos estudos Sonobox. Ademais da edición física, o álbum está dispoñible en diferentes plataformas dixitais.Logo da presentación, o grupo inicia unha xira que os levará o vindeiro 25 de outubro ao FNAC da Coruña.
REPORTAXE
Conectad@s coa música
Data.O selo discográfico galego Falcatruada avanza cara á súa internacionalización grazas ás novas posibilidades de internet