Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O WOSINC retorna a Compostela

O FESTIVAL ACHEGA MúSICA, DEBATES, AUDIOVISUAL OU GASTRONOMíA DO 11 AO 13 DE SETEMBO

O WOSINC retorna a Compostela

INDIE | agosto 28, 2015

imaxe non dispoñible

Corenta propostas musicais chegadas de 15 países conforman o eixe da segunda edición do festival WOSINC, que retorna a Compostela entre os vindeiros 11 e 15 de setembro. O encontro acaba de fechar o seu cartel, que inclúe nomes como Michael Rother, Girl Band, Mdou Moctar, Noveller, No Joy Pye Corner Audio canda a propostas galegas como Cró!, Pálida, Sara Fontán, The Vog, Bluemouse e Mario González. Ao igual que no pasado ano, a cita inclúe tamén programación audiovisual, coa estreaen Compostela dos filmes Los hongos e, en colaboración con Curtocircuíto, da produción tuareg Akounak Tedalat Taha Tazoughai e mais dunha noite de curtas.

Canda a estas propostas, non faltan tampouco os debates, que abordarán cuestións como o peso político e social da música e das artes, a exploración de novas linguaxes creativas ou a profesionalización no ámbito musical. Finalmente, desde a banda gastronómica, rutas e degustacións completan o programa deste evento multidisciplinar.

Ligazóns