Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Malvela presenta Raianas, o seu disco ao vivo
Xénero: | 21 / 10 / 2011
O Museo do Pobo Galego acollía esta mañá a presentación de Raianas o disco que Malvela gravou o pasado 31 de maio no Auditorio de Mos. Na presentación, Uxía Senlle, impulsora deste proxecto, sinalou que a obra presenta un repertorio da música tradicional galega e portuguesa, recuperando temas habituais do grupo canda a cancnións populares do Alén Miño e temas de composición propia. Entre eles, lembrou unha canción de homenaxe ao falecido Xosé Méndez Morgan, membro dos Estalotes e do Orfeón Treixadura que foi lembrado repetidamente ao longo do acto.
Zurrumalla lanza O que había... e o que hai
Xénero: | 20 / 10 / 2011
A música tradicional e festeira que caracteriza o son de Zurrumalla pódese escoitar agora en O que había... e o que hai, o duplo disco que o grupo acaba de autoeditar. O álbum conta nada menos que con 25 temas, boa parte dos cales fan parte do xa tradicional repertorio do grupo, nado no ano 2000. Canda a estes, a formación achega unha selección de novos temas de composición propia, entre eles Presentación triolirada, unha curiosa regueifa que presenta o segundo CD e o proceso produción do álbum. A obra está dispoñible en tendas e tamén se pode escoita mediante Spotify
Assembly Point presenta o seu primeiro disco
Xénero: | 14 / 10 / 2011
Un trío de corda folk formado por Fernando Barroso ao bouzouqui, Luis Peixoto na mandolina e o cavaquinho, e Eoghan Neff ao violín. Esta é a proposta de Assembly Point, un grupo multinacional composto por un galego, un portugués e un irlandés, que acaba de presentar o seu primeiro disco de titulo homólogo. O proxecto, coeditado por Zouma Records coa compañía portuguesa Vachier & Associados, preséntase no noso país cunha xira que se desenvolverá entre o 20 e o 27 de outubro na Coruña, Santiago, Lugo e Vigo.
Tocarlle a pandeireta á webcam
Xénero: | 3 / 10 / 2011
Está a piques de abrir as súas portas E-Xango.net, o primeiro curso de instrumentos tradicionais a distancia. Aproveitando as posibilidades das novas tecnoloxías, nace unha proposta que quere facilitarlle o aprendizado a xente que está lonxe do noso país. Esta mesma semana abre o curso de percusión e mais o de linguaxe musical.
Chega o V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional
Xénero: | 26 / 9 / 2011
Malia a que o ano pasado non se puido celebrar, a Asociación de Gaiteiros Galegos celebra, entre o 7 e o 9 de outubro, o V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional. A cita será no Auditorio de Galicia, en Compostela, e para alén de obradoiros formativos en diferentes instrumentos ou presentacións de novas obras sobre esta cuestión, abordaranse temas como métodos de ensino de gaita para os máis novos ou as posibilidades da música galega como terapia en idades temperás. Aínda está aberto o prazo para se inscribir e mais para presentar comunicacións a este encontro.
Os Cempés gravarán novo disco este inverno
Xénero: | 22 / 9 / 2011
Logo do seu retorno ao circuíto de concertos cunha nova formación, o coñecido grupo folk Os Cempés anuncian a gravación dun novo disco. Catro anos despois da súa despedida, a banda conta cunha formación na que se manteñen Serxio Ces, Antón Varela e Óscar Fernández e á que se incorporan Pablo Dalama, Ramón Dopico e Fernando Barroso. Cun son máis acústico, no que cobrarán importancia a zanfona e o bouzouki, os músicos están a ensaiar dez novos temas que farán parte do seu vindeiro disco. Está previsto que as sesións de gravación comecen o vindeiro mes de decembro, e os membros do grupo toman como referencia do seu son o disco Circo Montecuruto. A banda pretende financiar este proxecto recorrendo ás contribucións de afeccionados.
Pablo Devigo repite como gañador do premio Constantino Bellón
Xénero: | 1 / 9 / 2011
Seis minutos foi o que precisou Pablo Devigo para encandilar ao xurado da XX edición do concurso de gaita solista Constantino Bellón. Devigo converteuse por terceira vez consecutiva, no gañador do premio de composición de gaita por excelencia. Os músicos Pedro Álvarez de Nigrán e Daniel Lumbreras tamén foron destacados polo xurado.
O Ateneo Ferrolán entrega a Xosé Manuel Seivane a Gaita de Ouro
Xénero: | 30 / 8 / 2011
O seu traballo como artesán que, ademais, continúa un legado familiar a prol da música tradicional galega valeulle a Xosé Manuel Seivame Magide a Gaita de Ouro“Constantino Bellón 2011” . É un galardón que concede o Ateneo de Ferrol nun certame que tamén premia a composición para este instrumento. A súa XX edición, que permitirá coñecer ao galardón deste ano, desenvolverase ao longo da xornada de hoxe e de mañá. Sen embargo, nesta ocasión on se poderá interpretar a obra vencedora na última edición, As cousas de Sarabela de José María López Rodríguez xa que a complexidade das partituras e a falta de orzamento (precísase dunha formación sinfónica maior e con máis ensaios) obrigou a adiar esta cita.
O disco Meu Canto de Uxía entra no número 7 das listaxes europeas da World Music
Xénero: | 12 / 8 / 2011
É un disco composto por 15 cancións, gravadas no Brasil xunto con Jaime Alem e co que Uxía celebrou os 25 anos de carreira artística. Meu canto, título do traballo, acaba de entrar nas listaxes europeas de World Music. Os 44 xornalistas que compoñen o xurado votaron este proxecto que figura no número sete dese listado. Pero non é a única nova positiva para a cantante galega, xa que a revista británica SONGLINES incluirá o tema Os teus ollos na compilación que incluirá a revista no seu número de outubro.
Pedro Álvarez Fariña faise co premio Mac Crimmon de gaita
Xénero: | 9 / 8 / 2011
Se a edición desde ano do Festival de Lorient non tiña abonda presenza galega, catro galegos coparon os primeiros postos no prestixioso trofeo Mac Crimmon de gaita, na categoría de gaita galega e asturiana. O gaiteiro Pedro Álvarez Fariña foi o gañador desta edición do premio, antes coñecido como Mc Callan. Jesús Sánchez, Raúl Lacilla e Pablo Dalama completan o palmarés do país. Canda a eles, o noso país conta cun posto de 200 metros cadrados no evento, no que se celebrarán concertos de Ophiusa, Cantata Vernácula e Suso Ascariz. O concerto de Luz Casal, hoxe, canda ao de Carlos Núñez e Ialma, entre outros, completan a presenza galega no evento.
novidades discográficas
Repichoca
Tiruleque
Alvela
FAIA
Feira
De Ninghures
Tradimensional
Ailá
Vinde todas
Carmela
REPORTAXE
A Biblia en gaita
Data.“O pentafol” recolle en seiscentas páxinas unha escolma única de partituras para gaita


