Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Luar na Lubre presenta Solsticio, o seu novo disco
Xénero: AUDIO
| 29 / 11 / 2010 +Dez anos despois da publicación de Plenilunio, Luar na Lubre presenta, o vindeiro 30 de novembro, Solsticio (Warner Music), un disco que o grupo considera que fecha un ciclo. A obra supón un retorno ás orixes acústicas e achega melodías desde a Idade Media ata a actualidade, co que queren "volver a definir Galicia e o seu espírito aberto a través da música". O disco, de quince temas preséntase en directo o vindeiro 2 de decembro en Alcalá de Henares. Entre outros, colaboraron no proxecto Miro Casabella, Nani García, Diana Navarro ou Pat Kilbride. Gravouse nos estudios Bruar. No seu My Space pódense escoitar xa algúns dos temas presentes na obra, como Ven bailar Carmiña e o Romance de Don Gaiferos.
Pesdelán presenta no Culturgal o seu primeiro disco
Xénero:
| 26 / 11 / 2010Este domingo ás 17 horas o Culturgal acollerá a presentación do primeiro disco de Pesdelán, Na punta do pé é o seu título. Trátase dun libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués. O traballo publicado en Galicia e Portugal (Pezinhos de lã) pola editorial Kalandraka, conta ademais coas ilustracións do portugués João Vaz de Carvalho. Dous anos despois da súa creación esta é a primeira gravación desta formación cuxos compoñentes foron ou seguen a ser parte doutro proxecto musical coñecido do panorama galego. Berrogüetto, Leilía, Alfolíes, Xochilmica, Almáciga ou a banda de Susana Seivane son algúns destes grupos dos sete artistas que integran Pesdelán. A proposta didáctica de Na punta do pé está dirixida por Mercedes Prieto e Montse Rivera coa produción musical de Pedro Pascual e colaboracións como Guadi Galego ou Celina Piedade.
A falta de apoios leva á suspensión do Congreso de Ensinantes de Música Tradicional
Xénero:
| 25 / 11 / 2010A V Edición do Congreso de Ensinantes de Música Tradicional, que estaba prevista para os días 3, 4 e 5 en Compostela, non se celebrará este ano. A Asociación de Gaiteiros Galegos denuncia hoxe no seu web que a falta de apoios da Xunta, logo de diferentes xuntanzas, lles fai imposible continuar a celebración deste evento. A Asociación salienta a importancia que acadara este evento desde a súa celebración e a grande participación en cada unha das edicións celebradas.
O gaiteiro Xabier Blanco leva o premio IAR de Folclore
Xénero:
| 24 / 11 / 2010O teatro Rosalía de Castro da Coruña acollerá o vindeiro sábado 27 de novembro a entrega dos premios IAR de folclore galego na súa XIX Edición. Desta volta, o galardón foi para o gaiteiro Xabier Blanco, en recoñecemento ao seu traballo na recuperación de instrumentos pobres da nosa tradición e en particular encol da gaita de cana.
Fía na roca despídese cun concerto en Glasgow
Xénero:
| 21 / 10 / 2010Un concerto no festival Celtic Connections, en Glasgow, o vindeiro mes de xaneiro, porá fin á carreira musical do grupo Fía na Roca. Logo de 17 anos de traballo, os membros do conxunto anunciaron nun comunicado que, aínda que non desbotan a posibilidade de retornar no futuro, "agora precisamos un descanso para refrescar as ideas e atender outras iniciativas".
Mercedes Peón e Cristina Pato tocarán no WOMEX
Xénero:
| 15 / 10 / 2010Vaise coñecendo a representación galega que acudirá ao coñecido festival musical WOMEX, en Dinamarca. Hai uns días facíase público que a organización do encontro seleccionar a galega Mercedes Peón para actuar na sección principal do mesmo o vindeiro 28 de outubro. Canda a ela, Cristina Pato participará no concerto que a marca Sounds from Spain desenvolve o día 29 no escenario offWOMEX. Canda a elas, entre o 27 e o 31 unha delegación da Axencia Galega das Industrias Culturais participará no evento dentro do posto de Sounds from Spain e confirmaron tamén a súa presenza os selos Maré, Zouma, Nordesía e Fol, asi como Budiño e a promotora Articket. Os asistentes ao encontro poderán coñecer a música galega a través dun duplo CD que amosa unha selección de grupos de xéneros como o pop-rock, o jazz e a música tradicional e folk.
Noitarega presenta o seu novo disco XXI
Xénero:
| 17 / 9 / 2010Para conmemorar os seus 21 anos de existencia desde o 1989 até o presente a agrupación Noitarega ven de sacar o seu terceiro disco XXI (Autoedición). O disco propón vinte temas e foi gravado nos Estudios Muu de Vigo baixo a produción de Pedro Feijoó e do mesmo grupo que, fiel ao seu estilo, nos amosa a clara evolución da banda e que conta coas colaboracións de Anxo Pintos (Berrogüetto), Ernesto Campos, Xaime Estévez (Os Terribles de Donas) ou Luís “O Caruncho”, entre outros.
O cuarteto vigués Matamá Ensemble gaña o festiva Folk de Plasencia
Xénero:
| 20 / 8 / 2010Xurxo Fernández, David Bello, Noa Vidal e Lucía Comesaña, ou o que é o mesmo, Matamá Ensemble, están estes días de noraboa. Son os gañadores da segunda edición do Festival Internacional Folk de Plasencia, un certame no que participaron 24 formacións. A aposta deste grupo vigués, que se caracteriza por revisar música tradicional con arranxos modernos, impúxose ás propostas dos andaluces Stolen Notes e os vascos Sokaide.
Ourense celebra as súas XXVII Xornadas de Folclore
Xénero:
| 10 / 8 / 2010Arredor de 450 artistas de diferentes países percorrerán a provincia de Ourense no marco das XXVIII Xornadas de Foclore. O evento, que visitará 18 localidades ata o vindeiro 19 de agosto, conta coa presenza de grupos tradicionais de Senegal, Brasil, México, Serbia, Daguestán ou Polonia, entre outros lugares. O día 16 a Cidade das Burgas acollerá unha actuación con todos os grupos participantes.
Os veteráns festivais de Pardiñas e Zas suman novas edicións
Xénero:
| 6 / 8 / 2010O Festival de Pardiñas chega esta fin de semana á súa edición número trinta e un. Canteca de Macao, Bellón Maceiras Quinteto ou Xosé Manuel Budiño son algunhas da actuacións que se poderán seguir sábado e domingo nesa localidade. Ademais, mantense a mostra de instrumentos tradicionais, que vai pola edición dezasete. Pola súa banda, a Festa da Carballeira de Zas chega á edición vinte e sete, cun cartel no que destacan, entre outros, Kepa Junquera, Gwendal ou Quempallou.
REPORTAXE
Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos