Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festival de Ortigueira 2011 contará con 15 concertos

THE ELDERS, SKERRYVORE OU SEARSON SON ALGUNHAS DAS FIGURAS INTERNACIONAIS QUE PARTICIPAN NO EVENTO

O Festival de Ortigueira 2011 contará con 15 concertos

FOLK | xuño 28, 2011

imaxe non dispoñible

Cinco concertos cada noite entre os días 7 e 9 de xullo. Esta é a proposta do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que integra na súa programación figuras de peso internacional como The Elders, Skerryvore, Searson, Brian Finnegan big band ou David Pasquet. Canda a eles, poderán verse nomes coñecidos do noso panorama folk como son Berrogüetto ou Luar na Lubre, que acoden ao abeiro da programación do Ano da Música da Consellaría de Cultura. Canda a eles, o escenario da vila acollerá as actuacións do Proxecto Runas para grupos emerxentes, con Riveira, Stolen Notes e Ulträqäns a compeetir por se facer co premio desta edición, así como con The Crass, gañadores do ano pasado.

O xa habitual mercado de artesanía, unha master class a cargo de varios dos artistas participantes ou a exposición fotográfica Ortigueira X completan as propostas de ocio para estes días. A organización salienta que nesta edición contaron unicamente 500.000 euros de orzamento, co que agardan chegar a unha marca de 90.000 visitantes.

DOCUMENTO