Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Instrumentos para as aulas

OUVIRMOS EDITA A GUíA DIDáCTICA DE INSTRUMENTOS GALEGOS

Instrumentos para as aulas

FOLK | xuño 22, 2011

imaxe non dispoñible

Dar a coñecer a grande variedade de instrumentos que existen no noso país aos máis novos. Esta é a proposta da Guía didáctica de instrumentos galegos que acaba de publicar Ouvirmos. O seu autor, Moisés Quintas fai un percorrido polos tipos e historia dos aparellos para facer música, achegando ademais exemplos do seu son.

Ademais do libro,o CD que acompaña o proxecto inclúe unha pista interactiva que reproduce os contidos da guía engadindo ademais ligazóns a webs dedicada á música tradicional e mesmo os contactos de boa parte dos fabricantes de instrumentos do noso país. Por se fose pouco, o proxecto inclúe tamén instrucións para fabricar instrumentos sinxelos. O proxecto ten continuidade fóra do propio libro mediante o web e o MySpace Instrumentos galegos, nos que o autor quere ir completando datos e engadindo elementos arredor deste mundo.

AUDIO
Son do chifre na Guía didáctica de instrumentos galegos
AUDIO
Son da trompa na Guía didáctica de instrumentos galegos
AUDIO
Moisés Quintas explica a Guía didáctica de instrumentos galegos
DOCUMENTO