Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Liorna presenta Sarahyba

O GRUPO RECUPERA CON NOVAS SONORIDADES TEMAS DA SúA ORIXE

Liorna presenta Sarahyba

FOLK | xuño 9, 2011

not_19081.jpg

Unha reescritura outorgándolle novos sons ás estruturas e temas dos seus comezos. Esta é a proposta que fai o grupo Liorna en Sarahyba, o disco que acaba de lanzar da man de Edicións do Cumio. O proxecto, que segue na liña folk habitual do grupo, presenta dez cancións nas que unha coidada instrumentación deixa espazo a xogos vocais, sempre partindo da tradición. Entre os temas inclúense dous que fixeron parte de Gallaecia, musical da Orquestra Sinfónica de Melide. Un concerto na Festa da Xuventude, o vindeiro 25 de xuño en Ardán é a primeira cita da xira de presentación, segundo anuncia o grupo no seu MySpace.

datos do disco