Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Carlos Núñez premiado co Casa dos Poetas pola súa promoción da música galega

RECOLLERá O SEU PREMIO O VINDEIRO 4 DE SETEMBRO

Carlos Núñez premiado co Casa dos Poetas pola súa promoción da música galega

FOLK | xullo 22, 2011

imaxe non dispoñible

O Padroado da Fundación Curros Enríquez decidiu onte concederlle a 27ª edición do Premio Celanova Casa dos Poetas ao gaiteiro Carlos Núñez. “A súa contribución á dignificación e á internacionalización da cultura galega a través dun instrumento tan propio da nosa tradición musical como é a gaita”. O gaiteiro recibirá o seu galardón o 4 de setembro cando recibirá unha escultura de Acisclo Manzano e un diploma.