Malvela gravará un disco en directo en Mos
maio 26, 2011
O Multiusos de Mos acollerá o vindeiro 31 de marzo un especial concerto de Malvela. O grupo gravará nesta xornada o seu cuarto disco, un directo no que contará con convidados como Uxía, Carlos Blanco, Nuria Freiría, Oli Xiráldez e mais a poeta local María Magdalena. Co título de Raianas, o espectáculo percorrerá as tradicións orais e musicais das dúas bandas do Miño, e incluirá contos tradicionais desta área, así como algúns dos temas máis coñecidos do conxunto. O concerto celebrarase ás 21 horas, con entrada de balde.
Tamén che pode interesar:
- 5/ 1/ 2015 | Morre aos 89 anos a Señora Carmen, cantareira de Malvela
- 13/ 8/ 2008 | Los Mecánicos gravan o seu primeiro disco cunha actuación en directo
- 19/ 12/ 2007 | Debut dunha cantante con 82 anos de “xuventude acumulada”
- 29/ 6/ 2007 | Sumrrá gravará tres noites de directo na Sala NASA para o seu vindeiro disco
- 11/ 5/ 2007 | A feira Cultur.gal acolle hoxe a presentación do novo disco do grupo Malvela