Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Riobó presenta o seu primeiro disco
Xénero: VIDEO + IMAXES
| 13 / 5 / 2011 +O apelido de Begoña Riobó, recoñecida violinista do panorama folk galego, sérvelle de nome á formación que lidera e mais ao primeiro disco da mesma. Riobó chega ás tendas da man de Zouma Records, e recupera melodías tradicionais con arranxos actuais dentro do estilo presentando 10 temas neste traballo. Para alén de Begoña, o grupo conta con Fernando Barroso (guitarra), Marcos Campos (gaita, acordeón e flautas), Xosé Liz (bouzouki), e Fernando Pérez (flautas e requinta). Begoña Riobó ten acompañado cos seus violíns de xeito habitual músicos como Carlos Núñez, Susana Seivane ou Anxo Lorenzo entre outros.
Berrogüetto é o único representante galego nos premios da música
Xénero:
| 28 / 4 / 2011A presenza galega entre os gañadores dos XV Premios da Música que restrinxida á categoría de mellor canción en galego. O Alalá da noite de Berrogüetto impúxose aos temas de Mercedes Peón, Cristina Pato e Rosa Cedrón que quedaron finalistas. Siniestro Total, que tamén optaba ao galardón, anunciara no seu web que renunciaba á súa candidatura ao considerar que tiñan máis dereito ao premio músicos que desenvolven a súa carreira integramente na nosa lingua. O tema gañador é da autoría de Manuel Rivas, Quico Comesaña e Xabier Díaz, e fai parte do seu último álbum Kosmogonías.
A volta á Idade Media
Xénero: VIDEO + IMAXES + AUDIO
| 26 / 4 / 2011 +A fronda dos cervos, o último disco do veterano grupo DOA recolle cantigas de amor, de amigo e de escarnio e maldicir. O CD inclúe no seu caderno textos explicativos de cada un dos temas e unha introdución á lírica galego-portuguesa da Idade Media asinada por Federico Pérez, tamén hai un limiar da poeta Eva Veiga.
Ampla representación galega no Festival de Lorient, que este ano honra ás diásporas célticas
Xénero:
| 19 / 4 / 2011A organización do Festival Celta de Lorient quixo dedicar este ano a todas esas comunidades que emigraron e levaron a súa influencia musical aos seus novos destinos (Estados Unidos, México, Canadá, Nova Zelanda…). Canda a orientación deste ano, haberá ampla participación galega. No escenario principal (Espace Marine) estarán Luz Casal (martes 9), as galegas afincadas en Bélxica, Ialma (mércores 10) e Carlos Núñez ( xoves 11). Completa a participación galega o grupo de Pablo Seoane, que estará no Palacio de Congresos o martes 9 de agosto. O festival de Lorient desenvólvese nesta 41 edición entre o 5 e o 14 de agosto.
Toxos e Froles recupera o congreso de música tradicional Terra de Trasancos
Xénero:
| 18 / 4 / 2011Levaba varios sen realizarse, pero a asociación Toxos e Froles acaba de anunciar que unha das súas iniciativas destacadas para este 2011 é a celebración do Congreso de Música Tradicional Terra de Trasancos. A cita comezará o vindeiro vernes 29 de abril en Ferrol e desenvolverase ata o sábado. Carlos Núñez será o encargado de abrir o encontro que, será de balde (previa inscrición en info@toxosefroles.com) e que contará con conferencias e concertos.
A Central Folque leva a cultura á praza de abastos de Pontevedra
Xénero:
| 8 / 4 / 2011Esta mesma mañá, os clientes da praza de abastos de Pontevedra asistirán a unha actuación de novo cirto. A iniciativa enmárcase no proxecto Arte Fresca do Día, que coordina a Central Folque e que levará cada venres ata o vindeiro 20 de maio diversas artes a este espazo comercial. Literatura oral, música tradicional, actividades para nenos e poesía completarán o programa.
25 anos de Luar na Lubre nunha lista de reprodución
Xénero:
| 5 / 4 / 2011É un dos poucos grupos galegos máis prestixiosos, canda a Siniestro Total, Los Suaves e Milladoiro, que conseguiu superar a barreira do cuarto do século. Luar na Lubre celebra nestes 2011 o seu 25 aniversario, e para acompañalos Bieito Romero, compositor e líder do proxecto, selecciona para nós os temas máis representativos da carreira do conxunto, nunha lista que podes escoitar en Spotify.
Unha publicación compila partituras e audios de pezas tradicionais para gaita e percusión
Xénero:
| 30 / 3 / 2011Un botón de balance. Esta é toda a tecnoloxía que se precisa dun reprodutor de música para poder sacarlle o máximo partido o segundo volumen de Pel & Madeira. Trátase dun libro que contén partituras (impresas e en pdf) e gravacións (en CD) que permite escoitar separadamente cada un dos instrumentos. Deste xeito cúmprese coa finalidade didáctica que ten esta colección que a editora Dos Acordes creou en 2008 co obxecto de darlle un novo enfoque de estudo dos instrumentos tradicionais. Nesta ocasión, coa colaboración financeira da Agadic, céntrase na gaita e na percusión, con 30 pezas tradicionais. A colección toma o nome dos materiais cos que están construídos a maioría dos instrumentos da tradición musical galega e a colección pretende abrirse, no futuro, a outros como zanfoña, requinta, trompa ou pandeira.
A asociación cultural Leña Verde de Pol presenta o seu terceiro disco
Xénero:
| 15 / 3 / 2011Con máis de 15 anos de traballo detrás a asociación cultura Leña Verde de Pol ven de presentar no Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo o que é o seu terceiro disco A contratempo. Leña Verde está dedicada á promoción e recuperación do patrimonio inmaterial cultural galego, nomeadamente o musical e o seu grupo de folk mestura a música tradicional con arranxos propios e influencias de outras músicas do mundo, neste terceiro traballo o grupo gravou temas tradicionais así como composicións propias e é a primeira vez que contan con pezas cantadas, na voz de Noemi Basanta e Begoña Coya. Ademais, o disco ten a colaboración de moitas persoas como Naír García, membro do grupo de baile, ou o cantautor Dani Flaco, e os músicos Xaneco Tubío e Bruno Villamor e a gravación do disco, que se realizou nos estudos de Óscar Trigo. No acto de presentación o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, comprometeu a actuación de Leña Verde nos Xardíns da Deputación dentro do ciclo de actuacións de verán “Cultura Aberta nos Xardíns da Deputación”. O disco pode mercarse na tenda virtual da asociación.
Doce anos de festa
Xénero:
| 2 / 3 / 2011Once anos mallando é o título do novo disco de Quempallou. O grupo, referente do folk máis bailable no noso país, bota man dos seus tres lanzamentos anteriores para artellar unha selección de temas na que se pode percibir a evolución artística do seu son. No entanto, malia a esta ollada atrás, a formación non para e anuncia que despois do verán comezarán a gravar un novo álbum. Roi Maceda, acordeón do grupo, explícanos como se xestou este disco e como se desenvolveu unha carreira que, malia ao título, comezou hai doce anos.
REPORTAXE
Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos